This Boy's Life é un filme estadounidense dirixido por Michael Caton-Jones que se estreou en 1993. É unha adaptación das memorias de Tobias Wolff recollidas no libro This Boy's Life.
Sinopse En 1957, Caroline (Ellen Barkin), unha nai solteira e o seu fillo Toby (Leonardo DiCaprio) foxen da cidade para atopar unha nova vida. Rematan nun pequeno pobo chamado Concrete no Estado de Washington, onde ela coñece a un educado e amable mecánico de taller chamado Dwight (Robert De Niro). Caroline casa con Dwight, pero pronto descobre que o que parecía un amábel mecánico, é un autoritario e abusivo home que lle fai a vida imposible ó rapaz. Toby, pola súa actitude rebelde, continuamente se mete en problemas na escola. Mentres Toby medra, os abusos de Dwight empeoran, e na mesma medida aumenta a súa gana de deixar o pobo e abandonar o fogar de Dwight. Caroline e Toby loitan por manter a esperanza nunha situación que parece imposíbel de soportar.
Personaxes Leonardo DiCaprio como Tobias "Toby" Wolff Robert De Niro como Dwight Hansen Ellen Barkin como Caroline Wolff Hansen Jonah Blechman como Arthur Gayle Eliza Dushku como Pearl Hansen Chris Cooper como Roy Carla Gugino como Norma Hansen Zachary Ansley como Skipper Hansen Tracey Ellis como Kathy Kathy Kinney como Marian Tobey Maguire como Chuck Bolger Sean Murray como Jimmy Voorhees Lee Wilkof como Director Skippy Bill Dow como Subdirector Deanna Milligan e Morgan Brayton como as Irmás Silver
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Caton-Jones Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes ambientados en 1959