Miguel Servet, chamado tamén Miguel de Villanueva, Michel de Villeneuve ou, en latín, Michael Servetus (o seu nome auténtico era Miguel Serveto y Conesa, alias "Revés"), nado en Villanueva de Sigena, Huesca, o 29 de setembro de 1511A data exacta do nacemento é incerta. e finado en Xenebra o 27 de outubro de 1553, foi un teólogo e científico español.
Os seus intereses abarcaron moitas ciencias: astronomía, meteoroloxía, xeografía, xurisprudencia, teoloxía e o estudo da Biblia, matemáticas, anatomía, fisioloxía e medicina. Parte da súa fama posterior débese ao seu traballo sobre a circulación pulmonar descrita na súa obra Christianismi Restitutio.
Participou na Reforma protestante e desenvolveu unha cristoloxía contraria á Santa Trindade. Repudiado tanto polos católicos como polos protestantes, foi arrestado en Xenebra, sometido a xuízo, e condenado a morrer na fogueira por orde do Consello da cidade, cando nela predominaba a influencia de Calvino.
Nacemento e anos de formación dereita|235px|miniatura|Fachada da casa natal en Villanueva de Sigena, actual sede do Instituto de Estudios Sijenenses "Miguel Servet"/Michael Servetus Institute. Actualmente existe un consenso case xeral en situar o lugar de nacemento de Servet en Villanueva de Sigena, aínda que hai investigadores que manteñen a opinión de que naceu en Tudela (Navarra), baseándose nos documentos en que Servet se atribuía dita orixe mentres mantiña en Francia a falsa identidade de Michel de Villeneuve que, porén faría alusión á súa localidade natal, Villanueva de Sigena, onde se conserva a casa familiar, hoxe convertida en centro de interpretación.Centro de Interpretación Miguel Servet, Villanueva de Sigena.
Foi fillo de Antón Serveto, nobre infanzón e notario do Mosteiro de Sigena, e de Catarina Conesa, que por liña materna descendía da familia xudeuconversa dos Zaporta. Tiña dous irmáns máis novos, Pedro, que continuou coa notaría paterna, e Xoán, que foi ordenado sacerdote.
Mozo con dotes sobresalientes para as letras e gran coñecedor do latín, grego e hebreo, Miguel abandonou a súa vila de orixe para ampliar estudos, quizais no castelo de Montearagón.Biografía de Miguel Servet Centro de Interpretación Miguel Servet. Foi aceptado como pupilo por frei Juan de Quintana, quen chegaría a ser confesor de Carlos I.
Na súa estancia en Tolosa (Francia) para realizar estudos de dereito, entra por primeira vez en contacto con círculos próximos á Reforma.
Viaxa con Quintana por Italia e Alemaña como parte do séquito imperial e presencia a coroación de Carlos V como Emperador Romano Xermánico en Boloña (1530).
Primeiras obras teolóxicas Posteriormente abandona ao seu mentor e inicia un periplo por varias cidades de Centroeuropa afíns ao nacente protestantismo. Establece unha relación cada vez máis difícil e polémica con algúns líderes reformadores, como Ecolampadio de Basilea, dirixíndose máis tarde a Estrasburgo, onde se relaciona con Bucer, e a Hagenau (Alsacia), daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico.
En 1531 publica De Trinitatis Erroribus (Dos erros acerca da Trindade), que produciu grande escándalo entre os reformadores alemáns. Tampouco caeu ben na súa patria, xa que Servet tivo a ousadía de enviar unha copia ao bispo de Zaragoza, quen non tardou en solicitar a intervención da Inquisición. O ano seguinte publicou Dialogorum de Trinitate (Diálogos sobre a Trindade), acompañado dunha obra suplementaria, De Iustitia Regni Christi (Sobre a Xustiza do Reino de Cristo). Outro opúsculo atribuído a Servet, aínda que de datación imprecisa, é Declarationis Iesu Christi Filii Dei (Declaración de Xesucristo Fillo de Deus), tamén coñecido como "Manuscrito de Stuttgart".Ángel Alcalá considera que Declarationis... é un borrador do que será posteriormente Erros... e, por tanto, uns meses anterior a esta obra, véxase Servet, Obras completas, Vol. II-1: Primeros escritos teológicos. Larumbe, 2004, páx. XXVIII. Pola súa parte, o Dr. Peter Hughes presentou recentemente (2008) un traballo de investigación no que nega que o autor de Declarationis... fora Servet, senón seguramente un admirador ou simpatizante. Véxase a nota da presentación do Dr. Hughes no Instituto "Miguel Servet" de Villanueva de Sigena.
Dos erros acerca da Trindade: estrutura e contido miniatura|150px|Edición dos Erros acerca da Trindade. Nesta obra, dividida en sete libros ou capítulos, Servet argumenta que o dogma da Trindade carece de base bíblica, xa que non se acha nas Sagradas Escrituras, senón que é froito posterior de elucubracións de "filósofos".
Baseándose en abundantes citas da Biblia, Servet conclúe que Xesús é home en tanto que nado de muller, por máis que o seu nacemento fose milagroso. Á súa vez, Xesús é tamén fillo de Deus, en tanto que o seu nacemento foi froito da fecundación polo logos divino da Virxe María.
Nega así Servet, por tanto, que o Deus Fillo sexa eterno, xa que foi procreado como tal na encarnación, aínda que é divino pola graza de Deus, o seu Deus Pai. Tampouco é, pois, unha Persoa da Trindade, cuxa existencia nega vehementemente definíndoa como "tres fantasmas" ou "can Cérbero de tres cabezas".
Así mesmo cualifica aos que cren en tal doutrina como "ateos, é dicir, sen Deus" e "triteístas".
Á súa vez, o Espírito Santo non sería unha terceira Persoa trinitaria, senón a forza ou manifestación do espírito de Deus tal como actúa no mundo a través dos homes.
Diálogos sobre a Trindade e Da Xustiza: estrutura e contido Obra de tamaño e ambición inferiores a Erros..., Diálogos... está estruturada en dous libros como unha conversación ficticia entre dous personaxes: Miguel (o propio autor) e un tal Petrucho. Segundo Servet, escribiuna para despexar as dúbidas e inquietudes sementadas pola súa obra anterior, que ao seu xuízo se deben "á miña propia impericia e á neglixencia do tipógrafo". A diferenza do afirmado en Erros..., Servet di que Xesús non é só divino pola graza, senón tamén por natureza, aínda que aclara que só en tanto que participa da substancia divina do seu Padre.
Á súa vez, no opúsculo Da Xustiza do Reino de Cristo incluído ao final, explica, entre outras cousas, a complementariedade entre fe e caridade, pois, aínda que a xustificación do crente é só pola fe, a caridade e as boas obras son encomiábeis e compracen a Deus, aspecto no que se diferenza claramente de Lutero e outros reformadores protestantes. Ao final encóntrase un dos textos polos que Servet é considerado como adaíl da tolerancia relixiosa e a liberdade de conciencia, xa que afirma que:
Tempo de ocultación Miguel Servet dirixiuse a Lión. Estivera antes brevemente en París, onde un encontro previsto, pero finalmente non efectuado, con Calvino transformouse no inicio dunha relación epistolar entre ambos os dous. Servet chegou a Lión cunha nova identidade, Michel de Villeneuve, supostamente orixinario de Tudela, Navarra, para evitar as persecucións da Inquisición española. Estivo empregado nunha imprenta, primeiro como corrector de probas. En 1535 encargáronlle a publicación e anotación da Xeografía de Claudio Tolomeo, o que levou a cabo dando probas da súa grande erudición. A súa estadía en Lión foi a etapa máis feliz da súa vida. Coñeceu ao médico Symphorien Champier, quen o anima a estudar medicina, para o que se traslada a París.
En 1537 matricúlase na universidade de París. Alí estuda xunto aos grandes médicos da época, ensinando matemáticas e medicina na universidade. Porén, pronto se encontra en dificultades, posto que dita un curso de astroloxía, no que defendía a influencia das estrelas nos eventos futuro, o cal, xunto cun opúsculo no que describe o uso de xaropes para administrar os remedios da época, enfróntano coa comunidade universitaria.
Deixa de novo París, residindo en diversas localidades de Francia, até que en Lión se encontra co arcebispo de Vienne (Viena do Delfinado), Pedro Palmier, ao que coñecera antes en París. Entón entra ao seu servizo como médico persoal en 1541.
A Restitución do Cristianismo miniatura|150px|Portada de Christianismi restitutio (1553). En Vienne, Servet dedícase a proseguir os seus estudos e publicacións, e prepara en segredo a que sería a súa obra capital.
Continúa coa súa correspondencia con Calvino, a quen envía unha primeira versión do seu libro Christianismi Restitutio (Restitución do Cristianismo), de carácter fundamentalmente teolóxico, esperando os seus comentarios (1546).
O concepto de cristianismo aí exposto é próximo ao panteísmo. Cristo está en todas as cousas. O mundo está cheo con el. Mostrábase tamén contrario ao bautismo dos nenos, posto que o bautismo debe ser un acto maduro e consciente do discipulado cristián, o que o acerca ás posicións anabaptistas.
Sobre a idade adecuada para recibir o bautismo, suxeriu seguir o exemplo de Xesús: "Xesucristo foi el mesmo bautizado cerca dos trinta anos."
Curiosamente o libro pasaría á posteridade por conter, no seu "Libro V", a primeira exposición no Occidente cristián da función da circulación pulmonar ou circulación menor. Segundo Servet,
miniatura|300px|Esquema da circulación pulmonar, descrita por primeira vez, no Occidente cristián, por Miguel Servet. Servet sostiña que a alma era unha emanación da divindade e que tiña como sede o sangue. Grazas ao sangue, a alma podía diseminarse por todo o corpo, podendo asumir así o home a súa condición divina. Por tanto, os descubrimentos relativos á circulación do sangue tiñan unha intención máis relixiosa que científica. E por iso a descrición da circulación pulmonar está dentro dunha obra de teoloxía e non dunha de fisioloxía. Para Servet non había diferenza entre ambos os ámbitos, dado que todo obedecía a un mesmo gran designio divino.Véxase o artigo de Diego Gracia, "Servet, médico", publicado na revista Turia, Nº 63-64, marzo de 2003, Teruel, páxs. 265-278, para unha explicación do carácter inseparábel da investigación médica e teolóxica na obra de Miguel Servet.
En resposta, Calvino conmínao a ler o seu propio libro Institutio religionis Christianae (Institución da Relixión Cristiana), publicado en 1536. Servet leu o libro de Calvino e fixo anotacións moi críticas nas súas marxes, devolvéndolle a copia corrixida, o que desagradou enormemente ao reformador, que avisou que se Servet poñía os pés en Xenebra "non sairía vivo dela»."Nam si venerit, modo valeat mea auctoritas vivum exire numquam patiar..." Carta de Calvino a Farel, 1546, citada en Barón, Op.cit., páx. 221.
Finalmente, Christianismi Restitutio publicouse anonimamente a principios de 1553, de novo con grande escándalo. Un calvinista de Xenebra escribe a un amigo católico revelándolle que o autor do libro é o herexe Miguel Servet, oculto baixo a falsa identidade de Villeneuve.Carta de Guillermo de Trie a A. Arneys, febreiro de 1553. Citada integramente en Barón, Ibid., páxs. 305-7.
Sospéitase que detrás desta denuncia podería estar o propio Calvino, que tería acceso ao texto grazas ao mesmo Servet. A Inquisición de Lión recibe parte da correspondencia intercambiada entre eles, e Servet é detido, interrogado e encarcerado en Vienne. O 7 de abril, porén, logra evadirse e, o 17 de xuño é condenado a morte in absentia, sendo queimado en efixie.
Xuízo en Xenebra e morte dereita|300px|miniatura|Monumento a Servet na praza do Concello de Annemasse (Francia), vila situada a 4 km de Xenebra, ao outro lado da fronteira franco-suíza. A inscrición baixo a escultura di: A Miguel Servet, apóstolo das libres crenzas, nacido en Villanueva de Aragón o 20 de setembro de 1511, queimado simbolicamente en Vienne pola Inquisición Católica o 17 de xuño de 1553 e queimado vivo en Xenebra o 27 de outubro de 1553 a instigación de Calvino.