Joaquim Rodríguez Oliver, coñecido como Purito Rodríguez, nado o 12 de maio de 1979 en Barcelona, é un ciclista español. Comezou a competir como profesional no ano 2001. É quen de acadar vitorias en clásicas, en carreiras dunha semana, e boas clasificacións en carreiras de 3 semanas. O seu punto feble son as contra o reloxo. miniatura|Joaquim Rodríguez no Tour de Francia 2010.
Palmarés Ten acadado vitorias en carreiras dunha semana como a Volta a Cataluña, a Semana Catalá ou a Volta a Burgos. No seu palmarés tamén hai 4 vitorias parciais na Vuelta a España e 1 no Tour de Francia. O máis salientable da súa carreira profesional foi: No ano 2005 venceu na clasificación de montaña da Vuelta a España. No ano 2007 gañou o Campionato de España de Ciclismo en Ruta. No ano 2009 foi medalla de bronce no Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. No ano 2010 gañou a Volta a Cataluña. No ano 2010 foi o gañador do UCI World Ranking. No ano 2012 perdeu o Giro de Italia na derradeira etapa por 12 segundos. No ano 2012 acadou o terceiro posto na Vuelta a España despois de varias xornadas sendo líder.
Participacións nas Grandes Voltas Carreira200120022003200420052006200720082009201020112012201320142015Giro de Italia80º---80º--17ºAb.-4º2º-Ab.-Tour de Francia---------7º--3º54º29ºVuelta a España--26º42º37º17º-6º7º4º19º3º4º4º2º
Equipos ONCE-Eroski (2001-2003) Saunier-Duval-Prodir (2004-2005) Caisse d'Epargne-Illes Balears (2006-2009) Caisse d'Epargne-Illes Balears (2006) Caisse d'Epargne (2007-2009) Team Katusha (2010-actualidade)
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Joaquim Rodríguez
Categoría:Ciclistas olímpicos de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1979 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016