A Selección de rugby de Rusia representa a Rusia nas competicións oficiais de rugby. A progresión do rugby ruso apréciase no asentamento da selección rusa entre os 20 mellores equipos do mundo, de feito está situada no 19º posto da clasificación mundial da IRB (29 de agosto do 2011), pertencendo á terceira división do rugby mundial.
Rusia compite habitualmente na European Nations Cup (ENC), e máis recentemente na Copa das Nacións da IRB. No 2011 clasificouse por primeira vez na súa historia para a Copa do Mundo de Rugby.
Rusia nas Copas do Mundo 1987: non clasificado 1991: non clasificado 1995: non clasificado 1999: non clasificado 2003: non clasificado 2007: non clasificado 2011: fase de grupos 2015: non clasificado 2019: fase de grupos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Unión de Rugby de Rusia
Rusia