Tragus é un xénero de plantas herbáceas pertencente á familia das poáceas (Poaceae) establecido por Halle. É orixinario de África, pero foi introducido en zonas subtropicais e tropicais de todo o mundo, onde medran como plantas ventureiras.
As plantas son monoicas, estoloníferas, e anuais ou perennes, dependendo das especies.
O caule é ascendente ou forma matas baixas; é glabro e de sección circular.
As follas son planas ou dobradas, e lineares; as lígulas son membranosas e tricomatosas.
As flores reúnense en panículas. Cada flor ten 3 estames, coas anteras de cor amarela pálida.
As cariópsides (graos) son elípticas e de cor dourada escura.
Citoloxía Número da base do cromosoma, x = 10. 2n = 20 e 40. 2 e 4 ploide. Especies Tragus andicola Tragus australianus Tragus berteronianus Tragus heptaneuron Tragus koelerioides Tragus mongolorum Tragus pedunculatus Tragus racemosus
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Grassbase - The World Online Grass Flora . Global Biodiversity Information Facility .