Manuel Cortés Tallón, nado en Vilardevós en 1966, é un actor, escritor e guionista galego.
Traxectoria miniatura|Manuel Cortés co resto de integrantes do grupo de teatro Chévere. Ademais de actor, é escritor, poeta, guionista e letrista musical. Foi membro do grupo poético Ronseltz. Incorporouse ao grupo de teatro Chévere a principio dos anos noventa, e vencellouse á Sala Nasa. Participou en teleseries e en pequenas producións cinematográficas galegas, tanto de protagonista como de personaxe secundario.
Obra literaria Poesía A rutina é o deber de todas as criaturas, 1997, Positivas.
Traducións A magnitude da traxedia de Quim Monzó, 1991. Martes de Carnaval de Ramón María del Valle-Inclán [As galas do defunto e A filla do capitán], 2017.
Obras colectivas Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
Filmografía miniatura|Unha imaxe de Citizen, obra estreada por Chévere. Mareas vivas (2000). Como Alfredo. TVG. Os Crebinsky (2000). Curtametraxe. As leis de Celavella (2003-2006). Como Paulo Veiga. TVG. Galatasaray-Dépor (2005). Coco e Bobo de paso pola realidade (2005). Como policía. Curtametraxe. Hai que botalos (2005). Segmento "En plan Galicia". Pepe o inglés (2005). Como Telmo Negreira. TVG. Terra de Miranda (2007). TVG. Pradolongo (2007). A vida por diante (2007). TVG. Rafael (2008). Un conto para Olivia (2008). Libro de familia (2008-2011). Como Pedro González. TVG. Air Galicia, (2009). TVG. O Nordés (2009). Crebinsky (2011). Sinbad (2011). Como Mansur. Matalobos (2012-2013). Como Capitán Ernesto Ferreiro. TVG. Vilamor (2012). Como Amador. Invasor (2012). Como enfermeiro. Escoba! (2013). TVG. Gran Hotel (2013). Como gobernador. Antena 3. O ouro do tempo (2013). Todos os santos (2013). Códice (2014). Como Mujico. TVG. El ministerio del tiempo (2015). TVE. Carlos, rey emperador (2015). Como cardeal Campeggio. Os fillos do sol (2017). Como Degó Varela. O sabor das margaridas (2018). Como Xavier. TVG Auga seca (2020). Como Nicasio. TVG - RTP. Artemisa (2023). TVG
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha a AVG
Categoría:Actores de Vilardevós Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1966