O Stade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade de Marsella, inaugurado en 1937, con capacidade para acoller pouco máis de 67.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Marsella da Ligue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación da UEFA, pertencendo á categoría Élite ou 5 estrelas. Eventos deportivos Mundial de Fútbol 1938 No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogáronse no Vélodrome un encontro de oitavos de final e unha das semifinais.

Eurocopa de Fútbol 1960 A Eurocopa de Fútbol Francia 1960 disputou unha das súas semifinais no Stade Vélodrome.

Eurocopa de Fútbol 1984 Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu un encontro do Grupo B no que se enfrontaron España e Portugal (co resultado de 1-1), e unha das semifinais na que Francia venceu a Portugal por 3-2.

Mundial de Fútbol 1998 No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha grande importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.

Copa do Mundo de Rugby 2007 Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Vélodrome acolleu 4 encontros da fase de grupos e 2 encontros de cuartos de final.

Eurocopa de Fútbol 2016 O Stade Vélodrome foi elixido para acoller varios encontros da futura Eurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.

Véxase tamén Outros artigos Ligue 1

Velodrome Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1938 Categoría:Marsella Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1960 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1984 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2016