"All in the Suit That You Wear" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Stone Temple Pilots, editada como o seu último sinxelo antes da súa separación do 2003. O tema aparece unicamente no álbum recompilatorio Thank You. O tema apareceu dun xeito moderado nas radios e acadou o número 5 na lista Mainstream Rock e o 19 na Modern Rock. O estilo e estrutura da canción aseméllase ao do seu álbum de estrea, Core. "All in the Suit That You Wear" inicialmente foi pensada para entrar na banda sonora da película Spider-Man do ano 2002, pero foi retirada ao non usarse de tema principal. En maio do 2008 o tema apareceu nun episodio da serie CSI: NY.
Listaxe de cancións "All in the Suit That You Wear" - 3:41 "Sex Type Thing" (vídeo ao vivo)
Categoría:Sinxelos de 2003 Categoría:Cancións de Stone Temple Pilots