IdosaMerck Index, 11th Edition, 4818. 200px|IdosaMolécula de β-D-Idopiranosa. 200 pxFórmula lineal. Nome químico 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol Abreviatura Ido Fórmula química C6H12O6 Masa molecular 180.16 g mol−1 Densidade 1.54 g cm−3 Número CAS [2152-76-3]
A idosa é un monosacárido de seis átomos de carbono (hexosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que pertence ao grupo das aldohexosas. Non aparece soa na natureza, pero forma parte dos azucres que compoñen algúns glicosaminoglicanos, como o dermatán sulfato e o heparán sulfato, importantes compoñentes da matriz extracelular. Na idosa o primeiro e terceiro grupos hidroxilo (OH) teñen orientación oposta aos hidroxilos das posicións segunda e cuarta. A idosa pode obterse por condensación aldólica do D- e L-gliceraldehido.
A oxidación do carbono 6 da idosa orixina o ácido idurónico.
Isómeros A L-idosa é un epímero da D-glicosa.
En disolución acuosa a 27 °C a forma tautómera predominante da idosa é a β-D-idopiranosa (37%).
Isómeros da D-idosa Forma lineal Proxección de Haworth 100px 0,2% 130pxα-D-idofuranosa 11,5% 130pxβ-D-idofuranosa 14% 90pxα-D-idopiranosa 38,5% 90pxβ-D-idopiranosa 36 %
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hexosa. Aldosa.
Ligazóns externas Substancia D-Idosa NCBI database Composto L-Idosa NCBI database COMPOSTO: C06466 D-Idosa www.Genome.net
Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos