Guy de Maupassant, nado en Dieppe o 5 de agosto de 1850 e finado en París o 6 de xullo de 1893, foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.
Traxectoria A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que retomou en 1871. En 1879 o seu pai logrou que ingresase no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Ivan Turgenev, Edmond Goncourt e Henry James.
Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de gran valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bóla de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horlá" poden ser considerados os seus contos máis significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por máis dunha década.
Foi así mesmo prologuista dalgúns autores contemporáneos seus, como por exemplo Claude Godard d'Aucourt.
Obra
Parte da súa narrativa está traducida ao galego:
"¿Quen sabe?", en O relato fantástico (Ir Indo, 1995), en tradución de Ricardo Terco. Fantasía e Realidade (Ir Indo, 2005)Ficha da obra en BiTraGa., que traduciu María Isabel García Fernández e que contén "O horla," A morta", "Tolo", "O tic", "Aparición", "A man", "A noite (pesadelo)", "Unha vendeta", "A confesión", "O horrible", "A nai dos monstros" e "O adobio" ContosPor orde de aparición, contén "A tose", "O substituto", "A ferruxe", "Unha aventura parisina", "Marroca", "A casa Tellier", "Mademoiselle Fifi", "A señora Baptiste", "A pequena Roque" e "Santo Antón"., en tradución de Antonio Pichel e Emma LázareFicha en BIVIR. Bóla de sebo (Boule de suif), en tradución de Emma Lázare RodríguezFicha en BIVIR.. En 2018 Laiovento sacou unha versión lusista deste conto dentro do volume intitulado Bola de sebo e outros contosPor orde de aparición, contén os relatos "Bola de sebo", "Em família", A palheireira", "Esse porco de Morin", "No mar", "As jóias", "Um golpe de Estado", "Meu tio Jules", "A confissom de Théodule Sabot", "Condecorado", "O vadio" e "Boitelle"., en tradución de Claudio López GarridoFicha da obra en BiTraGa.. Contos da arceaPor orde de aparición, contén os relatos "A arcea", "Ese porco de Morin", "A tola", "Pierrot", "Minueto", "O medo", "Chanza normanda", "As zocas", "A reparadora de cadeiras", "Na mar", "Un normando", "O testamento", "Campesiños", "Un galo cantou", "Un fillo", "Saint-Antoine" e "A aventura de Walter Schnaffs". (Contes de la Bécasse et autres), en tradución de Rodrigo VizcaínoFicha en BIVIR. "O Horlá" (Le Horla), en tradución de Brenda Maure NoiaFicha en BIVIR. A novela curta O doutor Héraclius Gloss (Le Docteur Héraclius Gloss), en tradución de Marie Abraira (Editorial Hugin e Munin, 2015)Ficha da obra na páxina web da editorial.. A compilación Contos do día e da noitePor orde de aparición, contén os relatos "O crime do tío Boniface", "Rose", "O pai", "O segredo de Céleste", "O colar", "A felicidade", "O vello", "Un covarde", "O borrachón", "Unha vendeta", "Coco", "A man", "O esmoleiro", "Un parricida", "O pequecho", "A rocha dos araos", "Tombouctou", "Unha historia verdadeira", "Adeus!", "Acordanza" e "A confesión". (Contes du jour et de la nuit), en tradución de Isabel Soto e publicada en 2013 na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en GalegoPDF da obra..
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados no departamento do Sena Marítimo Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Finados por sífilis Categoría:Escritores de literatura erótica