miniatura|dereita|Un exemplo de glicosilamina, a N,N-dimetil-D-glicopiranosilamina. miniatura|Enlace éter hemiaminal cíclico derivado dun aldehido (α-aminoéter). As glicosilaminas son unha clase de compostos bioquímicos formados pola unión dunha amina cun carbohidrato por medio dun enlace N-glicosídico co carbono anomérico do carbohidrato. Fórmase un enlace hemiaminal éter cíclico.

A IUPAC defíneos como compostos que teñen un grupo glicosilo unido a un grupo amino, NR2 Glossary of class names of organic compounds and reactivity intermediates based on structure (IUPAC Recommendations 1995) on page 1338 IUPAC Gold book - glycosylamine, desaconsella denominalos N-glicósidos Glossary of class names of organic compounds and reactivity intermediates based on structure (IUPAC Recommendations 1995) on page 1338 IUPAC Gold book - glycosides e exclúeos do grupo dos aminoazucres (que son monosacáridos cun grupo OH non anomérico Nomenclature of carbohydrates IUPAC recommendations 1996. Page 1995 (amino sugars) substituído por un grupo NH2, como a glicosamina)Glossary of class names of organic compounds and reactivity intermediates based on structure (IUPAC Recommendations 1995) on page 1317 IUPAC Gold book - amino sugar. Tampouco son o mesmo cós aminoglicósidos, que conteñen azucres modificados con grupos amino.

Exemplos de glicosilaminas son os nucleósidos como a adenosina, e a N,N-dimetil-β-D-glicopiranosilamina.miniatura|O nucleósido adenosina.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Glicósido Aminoglicósido Aminoazucre

Categoría:Carbohidratos