Aniceto Núñez García, nado en Cacabelos (provincia de León) o 13 de marzo de 1940 e finado en Pontevedra o 22 de xaneiro de 2026, foi un profesor e político galego.

Traxectoria Profesor de Filosofía de ensino medio. Foi Director Xeral de Ensino Medio da Consellería de Educación (1987-1988) e Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria designado por Coalición Galega (1988-1990). Promoveu a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) pola que se crearon as universidades da Coruña e Vigo. Foi executivo do Grupo Empresarial San José.

Obras

Los mitos platónicos. Mitos sobre el origen y la organización del estado (2007). Sahats Servicios Editoriales. 104 páxs. ISBN 978-84-92515-16-5.

Atardecer en Atenas (2008). Ir Indo Ed. 210 páxs. ISBN 9788476806234. Y las palabras ardieron en las hogueras. El problema cátaro ¿religión o política? (2012). Raíces. 206 páxs. ISBN 9788486115739. Toledo siglo XII. La ciudad del saber (2012). Almed. 248 páxs. ISBN 978-84-15063-34-6. Prisciliano del Bierzo. El sueño de un cristianismo diferente (2016). Paradiso Gutenberf. 228 páxs. ISBN 978-8494509735.

Recoñecementos O 24 de febreiro de 2026 o Ateneo de Pontevedra e a Tertulia Méndez Núñez rendéronlle unha homenaxe na Casa das Campás.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo.

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Cacabelos Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2026

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes