Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado en León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.

Traxectoria miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Naceu na Coruña, sendo fillo de Andrés Martínez Salazar e Petra Morás Suevos. Estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña e foi un dos pioneiros do fútbol na cidade, actuando como defensa no Corunna Foot Ball Club, futuro Real Club Coruña. Máis tarde ampliou os seus estudos en Londres e Oxford grazas a unha bolsa do Estado concedida en 1907.

Foi comisario pola Coruña na Exposición Rexional de 1909 e concelleiro da Coruña. Ingresou na Real Academia Galega o 20 de novembro de 1926 co discurso La toponimia de Galicia, respondido por Eladio Rodríguez González. Foi secretario da Real Academia Galega dende 1927 e mestre de xeografía económica na Escola de Comercio da Coruña. Tamén traballou como redactor de La Voz de Galicia e publicou artigos no Boletín de la Real Academia Gallega e noutras revistas de historia e literatura.

Amais de á RAG, pertenceu a outras institucións, como a Comisión Provincial de Monumentos, a Real Academia Provincial de Belas Artes e foi secretario do Instituto de Estudios Gallegos. Tamén foi un dos fundadores e o presidente da Universidade Popular da Coruña, nada no seo do Círculo de Artesáns e que tiña como obxectivo formar de xeito gratuíto á clase obreira. Presidiu tamén a Sociedade Filharmónica da Coruña, a Asociación da Prensa Local e a Federación de Xornalistas do Norte e Noroeste de España.

Morreu por mor dun accidente de tráfico, mentres cubría como xornalista a guerra civil española.

Vida persoal Casou coa pianista Dora Castillo, irmá da tamén músico Pilar Castillo.

Obras miniatura|150px|Fernando Martínez Morás, 1910. Las alarmas de Galicia, 1908. La Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa del Reino de Galicia, 1908. Medios prácticos de fomentar entre la juventud el amor al estudio y el alejamiento de aquellos lugares en que puedan peligrar su honradez y buenas costumbres, 1916. Guía del turista, 1926. La región gallega. Notas geográfico-económicas, 1926, en colaboración con María de los Ángeles Lens de Patiño.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Membros de número da Real Academia Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Club Coruña