¿Para qué sirve un oso? é un filme español dirixido por Tom Fernández que se estreou no 2011.

Sinopse Guillermo e Alejandro (Javier Cámara e Gonzalo de Castro) son dous irmáns científicos. O primeiro deles é un biólogo que traballa na Antártida para estudar as consecuencias do Quecemento global sobre a Terra ata que un día decide abandonar o seu traballo cando descobre que a ninguén parece importarlle.

Por outro lado, Alejandro é un zoólogo que vive nun bosque de Asturias co seu axudante estadounidense Vincent (Jesse Johnson) ó que todos chaman "Chaval". A diferenza de Guillermo, este segue adiante coa idea de salvar os bosques da rexión da deforestación, para iso necesita que aparezan osos pola zona.

Personaxes Javier Cámara como Guillermo Gonzalo de Castro como Alejandro Jesse Johnson como Vincent (Chaval) Geraldine Chaplin como Josephine Oona Chaplin como Rosa Sira García como Daniela Emma Suárez como Natalia

Galardóns e nomeamentos 2011: Festival de Málaga: Mellor director, actriz secundaria (Geraldine Chaplin), montaxe.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web oficial

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España