Andrés Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 30 de novembro de 1851 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1882, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1874. Co seu irmán Jesús frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé.

Foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia, colaborou cos periódicos La Constancia, El Deber, La Paz, El Porvenir, El Anunciador, El Eco de Pontevedra e El Lérez, foi o responsable de El Urco e fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882).

Apaixonado por Galicia e considerando que o sistema federativo era o máis conveniente para ela, fundou comités e dirixiu un partido en Pontevedra.

Escribiu poesía en castelán e algúns poemas en galego, e cultivou tamén o teatro e a zarzuela. A súa obra caracterízase polo seu costumismo e imaxinación.

Finou por mor da tuberculose. Foi soterrado no cemiterio de San Amaro de Pontevedra, poucos días despois da súa inauguración.

Obras

Cantos inarmónicos, 1874 (poesía). La hija del timonel, 1878 (teatro). Percances de un viejo verde (zarzuela).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Filomena Dato Muruais (curmá)

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados en 1882 Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Finados por tuberculose