Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie rodouse en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.IMDB Game Of Thrones Filming Locations A primeira tempada foi estreada nos Estados Unidos o 17 de abril de 2011, e rematou o 19 de maio de 2019 coa oitava tempada, que se estreou o 14 de abril de 2019.

A serie, ambientada nos continentes ficticios de Westeros e Essos ten varias liñas argumentais e un grande elenco, mais segue tres historias arco principais. A primeira é sobre o Trono de Ferro dos Sete Reinos, e conta a rede de alianzas e conflitos entre as dinastías nobres que loitan por reclamar o trono ou por manter a súa independencia. A segunda historia céntrase na derradeira descendente da dinastía real derrocada, que foi exiliada e desexa regresar ó trono. A terceira historia arco trata sobre Night's Watch, unha irmandade que defende os reinos dos salvaxes e das criaturas que habitan no norte.

Game of Thrones conseguiu un gran número de espectadores a través da HBO, e gañou tamén unha importante base de fans internacionais. Recibiu ademais moitos eloxios da crítica, particularmente polas actuacións, personaxes complexos, historia, ambientación e produción, malia que o seu frecuente uso de espidos e violencia (incluíndo violencia sexual) atraeu o criticismo. A serie gañou varios galardóns e nomeamentos, incluíndo 47 Premios Primetime Emmy, incluíndo Primetime Emmy á mellor serie dramática en 2015, 2016 e 2018, cinco nomeamentos ó Globo de Ouro á mellor serie-Drama (2012 e 2015–2018), tres nomeamentos ó Hugo á mellor representación dramática (2012–2014) e un ó Premio Peabody. Entre os membros do elenco, Peter Dinklage gañou tres Primetime Emmy ó mellor actor secundario - Serie dramática (2011, 2015 e 2018) e un Globo de Ouro ó mellor actor secundario de serie, miniserie ou telefilme (2012) polo seu papel de Tyrion Lannister. Lena Headey, Emilia Clarke, Kit Harington, Maisie Williams, Diana Rigg e Max von Sydow tamén recibiron nomeamentos ós Emmy polas súas interpretacións.

Sinopse

Ambientación Game of Thrones segue de preto as tres tramas principais da serie de A Song of Ice and Fire. Ambientada nos Sete Reinos de Westeros, a serie narra as violentas loitas dinásticas entre as familias nobres dos reinos polo control do Trono de Ferro; ademais existen as ameazas adicionais da rexión do norte máis aló do muro de xeo, e Essos, a terra alén do mar angosto.

"The Sopranos na Terra Media" é como definiu David Benioff cunha brincadeira a Game of Thrones, refiríndose a súa trama de intriga nun ton escuro combinado cun escenario de fantasía. Nun estudo de 2012, a serie foi clasificada no segundo posto nunha lista de 40 series americanas recentes segundo as mortes por episodio, cunha media de 14.

Inspiracións e derivacións As novelas e a súa adaptación teñen localizacións, personaxes e argumentos baseados en grande medida na historia de Europa. Unha das principais inspiracións no argumento das novelas foi a Guerra das dúas rosas inglesa (1455–85) entre as casas de Lancaster e York, que se corresponden coas casas Lannister e Stark. A meirande parte de Westeros, cos seus castelos e torneos de cabalaría, lembran á Europa occidental da Alta Idade Media. A personaxe de Cersei, por exemplo, lembra a Isabel de Francia (1292-1358), a "Loba de Francia". Ela e a súa familia, tal como foron descritos por Maurice Druon nas súas novelas históricas The Accursed Kings, inspiraron fondamente a Martin. A serie combina outros elementos como a Muralla de Hadrián (que é o Gran Muro de Martin), a caída do Imperio romano e a lenda da Atlántida (a antiga Valyria), o "lume grego" ("lume valyrio"), as sagas islandesas da era viquinga (os homes das "Illas do Ferro") e as hordas mongois (os Dothraki), así como elementos da Guerra dos Cen Anos (1337–1453) e do Renacemento italiano (c. 1400–1500). A gran popularidade da historia responde en parte á habilidade de Martin de mesturar eses elementos dispares nun conxunto harmonioso que semella crible, como unha historia alternativa á real.

Episodios

Tempada Episodios Emisión orixinal Inicio Final   1 10 17 de abril de 2011 19 de xuño de 2011   2 10 1 de abril de 2012 3 de xuño de 2012   3 10 31 de marzo de 2013 9 de xuño de 2013   4 10 6 de abril de 2014 15 de xuño de 2014   5 10 12 de abril de 2015 14 de xuño de 2015   6 10 24 de abril de 2016 26 de xuño de 2016   7 7 16 de xullo de 2017 27 de agosto de 2017   8 6 14 de abril de 2019 19 de maio de 2019

Personaxes

miniatura|upright=0.7|Peter Dinklage (Tyrion Lannister) lidera o elenco principal dende a segunda tempada. Ó igual que as novelas que adapta, Game of Thrones conta cun extenso elenco, que se considera o meirande da televisión. Durante a produción da terceira tempada, foron acreditados 257 nomes. O seguinte resumo recolle a lista de personaxes de Game of Thrones que foron interpretados por actores acreditados como principais.

Lord Eddard "Ned" Stark (Sean Bean) é o xefe da casa Stark, cuxos membros están envoltos na maioría das liñas argumentais da serie. El e a súa muller Catelyn Tully (Michelle Fairley) teñen cinco fillos: o maior, Robb (Richard Madden), a melindrosa Sansa (Sophie Turner), a marimacho Arya (Maisie Williams), o aventureiro Bran (Isaac Hempstead Wright) e o máis cativo, Rickon (Art Parkinson). O refén e pupilo de Ned, Theon Greyjoy (Alfie Allen) vivía e servía ós Stark antes de atoparse co sádico Ramsay Snow (Iwan Rheon). A muller de Robb é a curadora Talisa Maegyr (Oona Chaplin), e Arya fixo amizade co aprendiz de ferreiro Gendry (Joe Dempsie). O fillo bastardo de Ned, Jon Snow (Kit Harington) e o seu amigo Samwell Tarly (John Bradley) serven na Garda da Noite baixo o mando do Lord Comandante Jeor Mormont (James Cosmo). A rubia Ygritte (Rose Leslie), unha dos salvaxes liderados por Tormund Giantsbane (Kristofer Hivju), é a namorada de Jon Snow, e Sam coida dunha das mulleres salvaxes de Craster, Gilly (Hannah Murray). Catelyn é servida pola alta guerreira Brienne de Tarth (Gwendoline Christie).

O vello amigo de Ned, o Rei Robert Baratheon (Mark Addy) está casado coa Raíña Cersei Lannister (Lena Headey), que ten ó seu irmán xemelgo, o "Matarreis" Ser Jaime Lannister (Nikolaj Coster-Waldau) como amante. Ela detesta ó seu irmán máis novo, o espelido anano Tyrion Lannister (Peter Dinklage), que conta coa súa amante Shae (Sibel Kekilli) e o mercenario Bronn (Jerome Flynn). O pai de Cersei é o rico Lord Tywin Lannister (Charles Dance), e o seu fillo máis vello, o cruel Joffrey (Jack Gleeson), é protexido polo seu guerreiro gardián Sandor "o Can" Clegane (Rory McCann).

Os conselleiros reais inclúen ó arteiro Mestre da Moeda, Lord Petyr "Maimiño" Baelish (Aidan Gillen) e ó eunuco espía Lord Varys (Conleth Hill). O irmán de Robert, Stannis Baratheon (Stephen Dillane) é aconsellado pola sacerdotisa estranxeira Melisandre (Carice van Houten) e o antigo contrabandista Ser Davos Seaworth (Liam Cunningham). A rica casa Tyrell está representada na corte pola ambiciosa Margaery Tyrell (Natalie Dormer).

Alén do Mar Angosto, os irmáns Viserys (Harry Lloyd) e Daenerys Targaryen (Emilia Clarke) – os nenos exiliados da dinastía derrotada por Robert Baratheon – intentan recuperar o seu trono lexítimo. Daenerys casou con Khal Drogo (Jason Momoa), o líder dos nómades Dothraki, e é vixiada polo cabaleiro exiliado Ser Jorah Mormont (Iain Glen).

Produción

Concepción e desenvolvemento miniatura|D. B. Weiss e David Benioff son os creadores da serie, escritores da maioría dos episodios e directores dalgúns deles. miniatura|upright|George R. R. Martin, autor de A Song of Ice and Fire, é produtor executivo da serie e escribe un episodio por tempada. Segundo David Benioff e D. B. Weiss, a idea de adaptar as novelas de George R. R. Martin xurdiu en 2006, despois de que Benioff comezase a ler a primeira novela, A Game of Thrones. Chamou a Weiss para compartir o seu entusiasmo, e Weiss acabou o libro, de aproximadamente mil follas, en "quizais 36 horas". At about 2:50. Presentaron con éxito o proxecto á HBO, e convenceron a Martin no transcurso dunha reunión de cinco horas nun restaurante de Santa Monica Boulevard. Benioff declarou que conseguiu o apoio de Martin pola resposta que recibiron á pregunta: "Quen é a nai de Jon Snow"

A serie comezou o desenvolvemento en xaneiro de 2007. HBO, despois de mercar os dereitos televisivos das novelas, contratou a Benioff e Weiss para escribir e producir a serie, que realizarían unha tempada por novela. Inicialmente, Benioff e Weiss escribirían tódolos episodios agás un por tempada, que Martin, que tamén se uniu ó proxecto como produtor executivo, sería o encargado de escribir. Jane Espenson e Bryan Cogman foron engadidos posteriormente para escribir cadanseu episodio na primeira tempada.

O primeiro e segundo bosquexo do guión piloto, escritos por Benioff e Weiss, foron presentados en agosto de 2007 e en xuño de 2008, respectivamente. Mentres que a HBO atopou ós dous bosquexos de seu gusto, o piloto non foi encargado ata novembro de 2008, xa que a folga de guionistas nos Estados Unidos (2007-2008) atrasou o proceso.

O orzamento de Game of Thrones foi comparado co de Rome. O episodio piloto custou entre 5 e 10 millóns de dólares, e o total da primeira tempada cifrouse entre 50 e 60 millóns de dólares. Na segunda tempada, a serie tivo un 15% de incremento de orzamento para poder gravar a "Guerra dos Cinco Reis", a guerra civil central na tempada.

Adaptación David Benioff e D. B. Weiss pretenden adaptar a aínda incompleta saga de novelas A Song of Ice and Fire, se a HBO o permite. A súa proposta é facer 8 tempadas cunhas 80 horas de gravación en total.

En 2013, o produtor Frank Doelger declarou que "probablemente chegarán a sete tempadas". Benioff e Weiss dixeron que non querían material de recheo de Game of Thrones de xeito que agardarán a George R. R. Martin (a quen lle levou seis anos escribir unha entrega de A Song of Ice and Fire) para que remate as dúas últimas novelas. Coñecedores das liñas xerais de Martin e a intención do final de A Song of Ice and Fire, e conscientes de que estender Game of Thrones a dez tempadas acabaría co impulso do momento, consideran a posibilidade (mais non preferible) de que a serie remate antes de que a derradeira novela sexa publicada.

O 8 de abril de 2014, seis tempadas foron contratadas e cinco foron rodadas, adaptando as novelas cunha proporción de 0,8 minutos por páxina. Tempada Confirmación Gravación Estrea Novela adaptada Tempada 1 2 de marzo de 2010 Segunda metade de 2010 17 de abril de 2011 A Game of Thrones Tempada 2 19 de abril de 2011 Segunda metade de 2011 1 de abril de 2012 A Clash of Kings Tempada 3 10 de abril de 2012 Segunda metade de 2012 31 de marzo de 2013 Primeira metade de A Storm of Swords Tempada 4 2 de abril de 2013 Segunda metade de 2013 6 de abril de 2014 Segunda metade de A Storm of Swords, e algúns elementos de A Feast for Crows e A Dance with Dragons Tempada 5 8 de abril de 2014 Segunda metade de 2014 12 de abril de 2015 A Feast for Crows e A Dance with Dragons Tempada 6 8 de abril de 2014 24 de abril de 2016 26 de xuño de 2016 Principalmente contido orixinal. Tempada 7 21 de abril de 2016 agosto de 2016 – febreiro de 2017 16 de xullo de 2017 Principalmente contido orixinal con contidos de The Winds of Winter e A Dream of Spring Tempada 8 30 de xullo de 2016 outubro de 2017 – xullo de 2018 14 de abril de 2019 Principalmente contido orixinal con contidos de The Winds of Winter e A Dream of Spring