José Manuel Domínguez Freitas, nado en Camposancos (A Guarda) en 1954, é un mestre e político galego do PSdeG. Foi alcalde da Guarda dende 1999 ata o 2000 e dende o 2007 ata o 2015.

Traxectoria Concelleiro do PSdeG-PSOE na Guarda dende 1987. Encabezou a candidatura do PSdeG por vez primeira nas eleccións municipais de 1999 e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG e Esquerda Unida. En novembro de 1999 os concelleiros de Esquerda Unida abandoaron o goberno, deixando a socialistas e nacionalistas en minoría. Tras someter os orzamentos municipais a moción de confianza e ser derrubados polo PP e EU, estes grupos presentaron unha moción de censura en xullo de 2000 que fixo alcalde ó popular José Luis Alonso Riego, sendo os edís de EU expulsados da súa formaciónUn día que hizo historia en A Guarda. Nas municipais de 2003 foi novamente candidato do PSdeG á alcaldía e logrou un importante incremento de apoios, empatando a 7 concelleiros co PP e quedando a tan só 18 votos de superar á formación conservadora. Os populares continuaron na alcaldía co apoio dos anteriormente edís de EU, agora independentes.

Nas municipais de 2007 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a maioría absoluta con 9 concelleiros, sendo elixido alcalde da Guarda. Nas municipais de 2011 logrou novamente a vitoria, se ben perdeu a maioría absoluta ao baixar a 8 concelleiros, volvendo a ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votado e contando coa abstención do BNG. En ambas ocasións logrou as maiores cifras de votos dun alcalde na Guarda.

Despois de 28 anos en política non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, sendo substituíudo por Antonio Lomba Baz como candidato socialistaEl alcalde de A Guarda no optará a la reelección tras 28 años en política e, posteriormente, como alcalde.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Guarda

Ligazóns externas Entrevista en galiciasuroeste

Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1954