Laura Celeiro García, nada en Lebón (O Incio) en 1981, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Afiliada ao PSdeG dende 2006, en 2007 encabezou a lista do partido á alcaldía do Incio nas municipais, nas que obtivo dous concelleiros. En 2011 volveu encabezar a candidatura que obtivo tres edís, sendo elixida alcaldesa co apoio dos outros dous concelleiros do seu partido, os dous edís do BNG e o representante electo do Centro Democrático Liberal (CDL), se ben gobernou en minoría cos outros compañeiros socialistas. Nas eleccións municipais do 2015 foi reelixida alcaldesa logrando maioría absoluta. Cedeu o bastón de mando tralas eleccións de 2019, ao perder a maioría por cinco votos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Incio
Ligazóns externas Noticia en El Progreso.
Categoría:Alcaldes do Incio Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados no Incio
Categoría:Nados en 1981