Marie Pape-Carpentier, nada como Marie Joséphine Olinde Carpantier o 11 de setembro de 1815 en La Flèche (Sarthe) e finada o 31 de xullo de 1878 en Villiers-le-Bel (Val-d'Oise), foi unha docente francesa. É recoñecida por loitar contra a inxustiza social e a pobreza, e a favor da educación das nenas.María Fe de Juana Niño (setembro de 2012). «De la profesionalización de Marie Pape Carpantier, Paulina Kergomard y Susana Brès (Siglos XIX-XX) a la escuela infantil actual. Ademais foi a primeira en dar o paso cara á renovación do ensino infantil en Francia.

Traxectoria A súa vida estivo dedicada de maneira total á pedagoxía, e fixo posible introducir melloras sobre todo nun sector, o referente ás salas de asilo (escolas de párvulos).

Fíxose cargo durante catro anos dunha sala, A Fleche, con axuda da súa nai, onde se formou como mestra. Á parte dun manual de Cochin en 1833, non existían apenas consellos pedagóxicos sobre as salas de asilo; todo estaba por facer e Marie Pape Carpentier atopou niso o seu camiño.

Inventa modos de ensinar e levar a clase e en 1845 publica a súa primeira obra (Conseils sur la direction des salles d´asile). Logo de lograr fama encárgaselle que dirixa un establecemento onde se forme a mestras de salas, o cal converteríase en Escola maternal.

O seu pensamento madura e leva acabo outra obra: Enseignement pratique dans les écoles maternelles ou premiéres leçons a donner aux petits enfants suivies de chansons et de jeux por la recréation de l´enfance ("Ensino práctico das escolas de párvulos, ou primeiras leccións para os nenos, con algunhas cancións e xogos para o seu recreo"). Onde recomenda un ensino metódico que respecte as necesidades do neno e interésase polos aspectos relativos á educación do neno e á súa propia preparación. Non esixir a un neno actividades para as que non estea preparado. Débese respectar a súa dignidade e espertarlle valores morais e gusto polo traballo, ademais de proporcionarlle afecto.

En 1874, os partidarios do ensino católico, puxéronse en contra (xa que o ensino debía ser profundamente relixioso), foi despedida polo ministro Cummont. Debido á indignación do seu despedimento, xa que gozaba dun certo recoñecemento, foi integrada no seu posto a título de Inspectora Xeral.

Morreu en 1879, dous anos antes de que se cumprise o seu desexo, o de substituír oficialmente en Francia a denominación de escolas de asilo pola de escolas maternais.

Obras thumb|Marie Pape-Carpentier rodeada de nenos e acompañada dunha das súas fillas (?), cara 1872. Conseils sur la direction des salles d’asiles, 1846. Méthode d’enseignement et d’éducation et exercice, 1847. L’histoire d’un grain de sable (modération dans le désir. Sage lenteur de la providence). L’enseignement pratique dans les écoles maternelles, 1849. L’économiste Français, 1859. Histoires et leçons de choses, 1858. Géométrie naturelle, 1861. Le secret des grains de sable, 1863. Les petites lectures variées pour les enfants des deux sexes, 1863.

No cine A película La Volière aux enfants é unha adaptación da vida de Marie Pape-Carpentier.

Notas

Categoría:Pedagogos de Francia Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Nados no departamento de Sarthe