Fionnghuala Manon Flanagan, nada en Dublín o 10 de decembro de 1941, é unha actriz irlandesa que traballou de xeito moi prolífico no teatro, cinema e televisión.
Traxectoria Criouse en Dublín xunto cos seus pais, Rosanna e Terence Niall Flanagan e os seus catro irmáns. Fala irlandés e inglés de xeito fluído. Aínda que os seus pais non eran falantes nativos do primeiro, querían que ela e mailos seus irmáns o aprendesen. Flanagan foi educada en Suíza e Inglaterra, e formouse no Abbey Theatre de Dublín. Viaxou por toda Europa antes de radicar finalmente nos Ánxeles en 1968.
Política Flanagan apareceu xunto a Helen Mirren en Some mother's son, un filme de 1996 escrito e dirixida por Terry George, onde interpretou a nai dun folguista de fame do Exército Republicano Irlandés (IRA). Posteriormente, nun acto conmemorativo presentado polo partido político Sinn Féin en Dublín, Flanagan pronunciou un discurso para os republicanos irlandeses e os seus familiares falecidos durante o último episodio do Conflito de Irlanda do Norte.
Flanagan e o seu esposo (dende 1972), Garrett O'Connor, tamén un nacionalista irlandés, son coñecidos por ofrecer festas para a comunidade irlandesa de Estados Unidos na súa casa de Hollywood Hills.
Filmografía Filmes Título Ano Personaxe Kill the Irishman 2011 --- The Guard 2010 Eileen Boyle A Christmas Carol 2009 Mrs. Dilber The invention of lying 2009 Martha Di que si 2008 Tillie Slipstream 2007 Bette Lustig Four Brothers 2005 Evelyn Mercer Transamerica 2005 Elizabeth Schupak Divine Secrets of the Ya-Ya Sisterhood 2002 Aimee Malissa «Teensy» Whitman The Others 2001 Bertha Mills Walking Ned 1998 Annie O'Shea Some Mother's Son 1996 Annie Higgins Youngblood 1986 Miss McGill A aventura dos Ewoks 1984 Catarine Towani In the region of ice 1976 A irmá
Televisión Gunsmoke (1972) - como Sarah Morgan How the West Was Won (1977) como Molly Cullhane Beauty and the Beast (1990) como Jessica Murder, She Wrote (1987) Episodio: "Steal me a Story" Star Trek: Deep Space Nine (1993) - como Enina Tandro Star Trek: The Next Generation (1993) - como Juliana O'Donnell Murder, She Wrote Episodio: "A Killing in Cork" (1993) Dr. Quinn: Medicine Woman (1993) Episodio: The Circus - The Queen of Hearts Star Trek: Enterprise (2002) - como V'Lar Murder, She Wrote Episodio: "The Celtic Riddle" (2003) - como Margaret Byrne Nip/Tuck (2004) - como Sr. Rita Claire Paddywhackery (2007) - como Peig Sayers Brotherhood (2006-2008) - como Rose Caffee Lost (2007, 2009-2010) - como Eloise Hawking
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fionnula Flanagan en Memory Alpha (unha wiki de Star Trek)
Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Dublín