A Facultade de Dereito da Coruña é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no Campus de Elviña. A actual localización inaugurouse en 1996. Titulacións Está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártense os graos en Dereito e en Dereito + ADE.
Están en proceso de extinción a licenciatura en Dereito e a dupla licenciatura en Dereito e Administración de Empresas, ademais do máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea, e o máster en Asesoramento Xurídico Empresarial. Tamén está neste proceso o doutoramento en Liberdades Públicas e Dereitos fundamentais.
Equipo decanal O actual decano é Xulio Ferreiro Baamonde, sendo vicedecanos Ana Aba Catoira, Natalia Álvarez Lata e Jorge Antonio Quindimil López.
Departamentos Os departamentos cos que conta a Facultade son: Dereito Privado, Dereito Público e Dereito Público Especial."Departamentos, áreas e profesores" Outros departamentos son Fundamentos da Análise Económica (Economía Política) e Economía Aplicada (Facenda Pública).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dereito Universidade da Coruña
Ligazóns externas Páxina oficial da Facultade
Categoría:Facultades na Coruña Categoría:Dereito