Arcadio González Rodríguez, nado en Vilariño de Conso, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Profesor de Instituto en Ourense. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Vilariño de Conso nas eleccións municipais de 1999 e 2003 e foi elixido concelleiro, formando parte da oposición. Nas eleccións municipais de 2007 volveu encabezala candidatura socialista e foi elixido alcalde de Vilariño de Conso grazas a un pacto de goberno co BNGGoberno para os socialistas. Por discrepancias cos seus socios de goberno, dimitiu como alcalde en xuño de 2009, recuperando a alcaldía o anterior rexedor do PPdeG Ventura Sierra Vázquez trala indisciplina dun concelleiro do BNG que non apoiou ó novo candidato do PSdeGEl popular Ventura Sierra dirige Vilariño de Conso en minoría desde junio.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilariño de Conso

Categoría:Alcaldes de Vilariño de Conso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilariño de Conso Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido