Emilio Higuero Cardoso, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 28 de xaneiro de 1930 e finado en Lobeira o 10 de abril de 2024, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Formouse no colexio da Garda Civil de Valdemoro. Emigrou ao Brasil e Suíza e ao retornar a Galicia instalouse en Lobeira.
Iniciouse na actividade política nas eleccións municipais de 1983 cando foi elixido alcalde de Lobeira por Coalición Galega con maioría simple. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 pola coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia, nesta ocasión con maioría absoluta. En outubro de 1987 foi condenado pola Audiencia provincial de Ourense por un delito de denegación de auxilio, a catro meses de suspensión de cargo público e 30.000 pesetas de multa.La Voz de Galicia, 6-10-1987, p. 16.. Unha vez firme, para cumprila non puido concorrer ás municipais de 1991. En 1995 si puido presentarse e foi elixido alcalde con maioría absoluta á fronte do PPdeG. Mantivo a alcaldía con maioría absoluta ata as municipais de 2011, cando logrou maioría simple. Conservou a alcaldía como cabeza da lista máis votada, ao fracasar un pacto entre Xuntos Por Lobeira (escisión do PP) e o BNG.. Nas municipais de 2015 o PPdeG excluíuno da súa candidatura, polo que encabezou a formación independente Agrupación Cidadáns de Lobeira. Á fronte desta formación conseguiu tan só un concelleiro, logrando o PPdeG a maioría absoluta co seu novo candidato Antonio Iglesias. Finou en Lobeira o 10 de abril de 2024.Obituario. Emilio Higuero Cardoso, exalcalde de Lobeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lobeira
Ligazóns externas
Benvidos ao deserto do rural |xornal=A Nosa Terra}}
Categoría:Alcaldes de Lobeira Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Centristas de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1930
Categoría:Finados en 2024
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes