Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral, xeralmente parte da literatura infantil e xuvenil.

Orixe A orixe do nome para o xénero son os contos escritos por Madame d'Aulnoy, como La bonne petite souris e outros aos que chamou contes de fées, literalmente "contos de fadas". Porén, os seus contos están no límite do que se considera "para adultos" ou "para nenos", con elementos de ambos.

Malia estaren presentes en todas as culturas, os contos de fadas non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm; algún deles teñen versións noutras culturas, como O ourizo e a lebre que é similar á fábula da lebre e as tartarugas de Esopo, da Antiga Grecia.

Estrutura Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais. Entre os ingredientes da historia hai normalmente maxia, encantamentos, disfraces e conxuros que con frecuencia ofrecen interpretacións sutís sobre a psicoloxía e natureza humanas.

Exemplos As mil e unha noites, escrita arredor do século IX, contiña algunhas destas historias marabillosas. As tres coleccións principais de contos de fadas na literatura europea son: Os contos da Nai Gansa (Contes de ma mère l'Oye, 1697) de Charles Perrault; Contos de Grimm (Kinder- und Hausmärchen, 1812, 1814, 1822) dos Irmáns Grimm; Contos de Fadas (Eventyr, 1835), de Hans Christian Andersen.

Moitos escritores modernos teñen creado historias neste xénero literario, como William Thackeray, Charles Kingsley ou Oscar Wilde.

Véxase tamén

Conto Fábula Literatura infantil Literatura infantil e xuvenil

Ligazóns externas SurLaLune Fairy Tale: Contos anotados, ilustracións e moito máis (inglés) Como os contos de fadas moldean as nosas vidas, por Jonathan Young, Ph.D. (inglés) Coleccións de contos de fadas editadas por Andrew Lang, no Proxecto Gutenberg: Blue Fairy Book Orange Fairy Book Red Fairy Book Brown Fairy Book Crimson Fairy Book Violet Fairy Book Yellow Fairy Book Lilac Fairy Book Contos de fadas dos irmáns Grimm no Proxecto Gutenberg Contos de fadas de Andersen no Proxecto Gutenberg

Categoría:Narrativa Categoría:Literatura infantil