Xoaquín Álvarez Corbacho, nado no Grove o 19 de abril de 1942 e finado no mesmo concello o 23 de xuño de 2021, foi un político, economista, ensaísta e investigador galego.

Traxectoria

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou estudos nas Universidades de York e Leicester. De mozo foi tamén futbolista, pasando por clubs como o Real Club Celta (de 1960 a 1964) ou o Racing de Santander. Ficha de Joaquín Alvarez na web Yo jugué en en Celta, consultado o 6 de marzo de 2013 Militou no PCG, e foi o primeiro alcalde do Grove da democracia co PCG (1979-1981). Durante o seu mandato conseguiu da condesa de Fenosa a cesión dunha parte importante da illa da Toxa ao concello do Grove.

Foi catedrático de Facenda Pública da USC, vicerreitor de Asuntos Económicos na USC (1985-1990) e catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e, tamén, foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia.

As súas investigacións centrábanse na teoría do federalismo fiscal, as facendas territoriais, a economía da educación e os efectos económicos das infraestruturas do transporte. Foi un experto en municipalismo.

Obras Ensaio La agonía del municipalismo gallego, 1995, Fundación Caixa Galicia. Déficit y deuda pública en las haciendas territoriales españolas, 1998, Fundación Caixa Galicia. A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia, 2003, Edicións Xerais de Galicia. Educación democrática ou barbarie, 2015, Laiovento.

Obras colectivas La nueva hacienda local, 1990, Fundación Caixa Galicia. Con Perfecto Yebra Efectos económicos de la Autopista del Atlántico, 1996, IDEGA-ENA. Con Emilio Pérez Touriño (director) Infraestructuras y desarrollo regional, 1997, Civitas. Con Emilio Pérez Touriño (director) Los efectos económicos de las autovías de Galicia, 1998, Instituto de Estudos Económicos de Galicia, Fundación Barrié. Con Emilio Pérez Touriño Chaves da economía pública galega, 2006, Editorial Galaxia. Con Albino Prada Territorio, financiamento e control de gasto, 2008, Galaxia. Con Santiago Lago Peñas.

Recoñecementos En 2013, recibiu un dos Premios 10 de Marzo, entregado pola Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de CCOO de Galiza.

Vida persoal Era fillo de Joaquín Álvarez Lores.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais no Grove

Ligazóns externas Todas as súas obras poden consultarse nesta Biblioteca Entrevista en profundidade na revista Tempos Novos (nº 199, decembro 2013) realizada por Luís Villamor "Xaquín Álvarez Corbacho: "No debería haber municipios de menos de 10.000 habitantes"" (13/11/2010). El Correo Gallego . Ficha do autor no sitio web de Edicións Xerais de Galicia "Fiscalidade, urbanismo e desenvolvemento de Galicia " (1993), Revista Galega de Economía vol. 2, n.º 2. pp. 117-132. .

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia polo PCE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2021 Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega