Luis Fernández Guitián, nado en Sober o 29 de novembro de 1962, é un músico, escritor e político galego do PPdeG.

Traxectoria Está diplomado en Educación Infantil. Foi mestre do Conservatorio de Música de Ribadavia e creou e dirixiu a banda xuvenil de música. Logo foi mestre no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde tamén dirixiu a banda do centro. Pasou despois ao Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde foi mestre de clarinete e clarinetista da Banda Municipal de Ourense. Foi director da Banda e da Escola de Música de Sober dende 1997 e tamén creou a Banda Xuvenil de música. Foi correspondente en Sober do xornal El Progreso e da Axencia EFE

Foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde do concello de Sober. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sober, obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde con maiorías absolutas en 2015, de 2019 e 2023.

En 2022, foi elixido presidente do PP de Sober por aclamación co 100% dos votos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sober

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Alcaldes de Sober Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes