Sigurjón Birgir Sigurðsson, máis coñecido como Sjón, nado en Reiquiavik o 27 de agosto de 1962, é un escritor e artista islandés.

Traxectoria É un dos autores máis coñecidos da literatura islandesa contemporánea. Comezou a súa carreira literaria co libro de poesía Sýnir (Visións). Até 2011 levaba publicados 11 libros de poemas e 7 novelas. As súas novelas Augu þín sáu mig e Með titrandi tár recibiron o premio cultural do diario islandés DV, e Argóarflísin, á súa vez, o premio á novela do ano da Asociación de Libreiros. Skugga-Baldur obtivo o premio de Literatura do Consello Nórdico en 2005 e está traducida ao galego por Elías Portela e publicada por Rinoceronte Editora.

Tamén traballou nos ámbitos da música, o cinema ou a ópera.

É ben coñecido por ser o compositor dalgunhas letras para a cantante Björk, entre elas o tema "Oceania", así como por ser coautor da banda sonora do filme Dancer in the Dark, do dinamarqués Lars von Trier.

O 10 de abril de 2017 deu un recital poético en idioma islandés na Coruña xunto a Elías Portela (que leu pomas seus en islandés e en galego), encadrado no ciclo Poetas Di(n)versos e presentado como é habitual pola poetisa Yolanda Castaño.https://www.coruna.gal/agora/gl/detalle-suceso/poetas-di-n-versos-sjon-e-elias-portela/suceso/1453617742626?argIdioma=gl

Obras Narrativa traducida Skugga-baldur (2009, Rinoceronte Editora, traducido para o galego por Elías Portela). O rapaz que nunca existiu (2017, Rinoceronte Editora, traducido para o galego por Elías Portela).http://rinoceronte.gal/libros/o-rapaz-que-nunca-existiu/

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas SJONORAMA - The official information site

Categoría:Escritores en lingua islandesa Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Nados en 1962