"V" Is for Vagina é o álbum de estrea de Puscifer, o proxecto paralelo de Maynard James Keenan, editado o 30 de outubro do 2007. O álbum conta cun son electrónico significativamente diferente ao das outras bandas de Keenan, a progresiva Tool e a alternativa A Perfect Circle. O propio Keenan comparou o son de "V" Is for Vagina con "conducir no teu coche escoitando eses vellos éxitos da Motown, James Brown e cousas xeniais de R&B"."Side Project Special: Puscifer". Alternative Press #230.2 "V" is for Vagina vendeu ao redor das 110 000 copias.

Lanzamento O álbum foi precedido do sinxelo "Cuntry Boner", que non estaba incluído no mesmo, lanzado só en tendas o 2 de outubro de 2007. Unha semana despois editouse un EP de catro cancións só para iTunes titulado Don't Shoot the Messenger, con cancións que antes só foran publicadas en bandas sonoras. O 30 de outubro de 2007, un segundo sinxelo, e o primeiro sinxelo de radio real do álbum, "Queen B.", foi publicado nun reprodutor de audio flash no sitio web oficial, xunto con cancións seleccionadas de proxectos de Keenan. O 1 de outubro de 2007 o vídeo publicouse na canle de YouTube de Puscifer. No vídeo aparecen varios Maynards totalmente xerados por ordenador como peóns nunha partida de xadrez entre dúas mulleres. O álbum estreouse no número 25 da lista Billboard 200, vendendo unhas 27 000 copias na súa primeira semana. O 7 de outubro de 2007 "Trekka (Sean Beaven Mix)" publicouse en puscifer.com, e o 25 de outubro o álbum completo estivo dispoñible para a súa escoita.

O 17 de outubro de 2008, lanzouse en liña un vídeo musical oficial da canción *Momma Sed* a través da canle oficial de YouTube de Puscifer. A edición en vinilo de "V" is for Vagina reeditouse en agosto de 2016.

O 17 de outubro de 2008 lanzouse o vídeo musical oficial da canción "Momma Sed" a través da canle oficial de YouTube de Puscifer.

A edición en vinilo de "V" is for Vagina reeditouse en agosto de 2016.

Álbums de remesturas O 28 de abril de 2008, publicouse un álbum de remesturas con versións de temas de "V" Is for Vagina, titulado "V" Is for Viagra. The Remixes. En 2022 lanzouse outro remix titulado "V" is for Versatile.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Puscifer Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de estrea