As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.
Convocatoria miniatura|dereita|200px|Mesas electorais nun local social de Pontevedra. En agosto de 2011 o presidente de goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero anunciou que adiantaba as eleccións cinco meses, e que a data fixada sería o 20 de novembroZapatero adelanta las elecciones generales al 20 de noviembre, El Periódico de Cataluña, 16/8/2011..O decreto de disolución das Cortes publicouse o 27 de setembro de 2011, co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funciónsBOE do 27 de setembro de 2011, Boletín Oficial del Estado..
Nestas eleccións renováronse 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. As eleccións, adiantadas en cinco meses á súa data máxima prevista, remataron a IX Lexislatura e deron paso á X Lexislatura. Por primeira vez en catro convocatorias, as eleccións xerais non coincidiron coas eleccións autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía. Só se producen dúas variacións na asignación de deputados: a provincia de Cádiz perde un deputado, mentres que a de Madrid gaña 1Distribución de diputados por provincias, Web do Ministerio do Interior.. En Galicia escóllense 23 deputados: oito pola circunscrición electoral da Coruña, 7 pola de Pontevedra, e catro polas de Lugo e Ourense, respectivamenteLas elecciones en cifras , Web do Ministerio do Interior..
O número e distribución dos senadores elixidos directamente mantense igual. Aumenta o número de senadores elixidos polas comunidades autónomas, pois a Comunidade Valenciana e Castela A Mancha gañan 1Composición del Senado, Web do Ministerio do Interior.. Galicia escolle 19 senadores: catro por circunscrición e tres designados polo Parlamento de Galicia.
Entre as novidades deste proceso electoral, debidas a unha reforma da lexislación electoral, destacaron dúas: os residentes no estranxeiro tiñan que solicitar o voto previamente para poder emitilo, e este podería ser emitido nas embaixadas e consulados de España, e os partidos políticos sen representación parlamentaria tiñan que recoller avais para poder concorrer ás eleccións.
Preparación das candidaturas e candidatos Os partidos políticos foron anunciando os seus respectivos candidatos electorais en verán e outono de 2011. No PSOE presentáronse inicialmente dúas candidaturas a competir nun proceso de primarias, pero a outra candidata, a ministra de Defensa Carme Chacón renunciou á carreira electoral, co que o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba quedou como o único candidato.
Nestas eleccións, e por primeira vez dende a instauración da democracia, as formacións políticas que non tiveran previamente representación no Congreso dos Deputados ou no Senado tiñan que recoller avais cidadáns para poder concorrer ás eleccións, cunha cantidade mínima de 1 por 1000 censados por cada circunscrición. Para a recollida deses avais dispuxeron de vinte días contados a partir da disolución da convocatoria electoral.
Principais coalicións O Partido Popular concorreu ás eleccións en coalición co Partido Aragonés Regionalista nas tres provincias aragonesas, con UPN por Navarra, con Extremadura Unida en Estremadura, e con Centro Canario Nacionalista nas Canarias.
Izquierda Unida concorreu en coalición con Izquierda Republicana en todo o estado. En Cataluña foi en coalición con Iniciativa per Catalunya, en Aragón coa Chunta Aragonesista, en Estremadura con Socialistas Independientes de Extremadura e nas Canarias con Canarias por la Izquierda.
ERC concorreu en coalición con Reagrupament.
Amaiur é unha coalición electoral que integra a Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba e outros independentes que xa participaron na coalición electoral Bildu. Preséntase nas tres provincias vascas e mais Navarra. Geroa Bai é a coalición sucesora de Nafarroa Bai, pero sen a participación de Aralar, que concorreu en Amaiur, nin de Batzarre, que o fixo con Izquierda Unida.
Unidos por Canarias é a coalición formada por Coalición Canaria e Nueva Canarias.
Candidatos á presidencia do goberno Alfredo Pérez Rubalcaba, polo PSOE. Mariano Rajoy, polo PP Cayo Lara, por IU Rosa Díez, por UPyD Juantxo López de Uralde, por EQUO
Candidatos principais doutras forzas que non se presentan en todo o Estado CiU: Josep Antoni Duran i Lleida (Barcelona) PNV: Josu Erkoreka (Biscaia) ERC: Alfred Bosch (Barcelona) BNG: Francisco Jorquera (A Coruña) Geroa Bai: Uxue Barkos (Navarra) Unidos por Canarias: Ana Oramas (Tenerife)Ana Oramas (CC-NC), al Congreso por Santa Cruz de Tenerife, Diario de Avisos, 8/10/2011. Amaiur: Maite Aristegi (Guipúscoa) Foro Asturias: Enrique Álvarez Sostres (Asturias) Partido Regionalista Cántabro: Miguel Ángel Revilla (Cantabria).
Candidatos en Galicia Os cabezas de lista polas distintas provincias galegas foron: PP: Antonio Erias Rey (A Coruña), Joaquín García Díez (Lugo), Celso Delgado Arce (Ourense) e Ana Pastor (Pontevedra) PSOE: Francisco Caamaño (A Coruña), Xosé Blanco (Lugo), Laura Seara (Ourense) e Carmela Silva (Pontevedra) BNG: Francisco Jorquera (A Coruña), María Xosé Vega (Lugo), Xosé Manuel Pérez Bouza (Ourense) e Olaia Fernández Dávila (Pontevedra) IU: Luz Canal (A Coruña), Ramón Vázquez Díaz (Lugo), Sofía Díaz Gómez (Ourense) e Rubén Pérez Solla (Pontevedra) UPyD: José Antonio de Lorenzo (A Coruña), Agustín Gallego (Lugo), Laureano Bermejo (Ourense) e Ana María Alonso (Pontevedra)
Ademais destas formacións, tamén se presentaron en GaliciaBoletín Oficial do Estado , 19/10/2011.: Converxencia XXI: nas catro circunscricións. PACMA: nas catro circunscricións. Unificación Comunista de España: nas catro circunscricións. EQUO: nas circunscricións da Coruña, Ourense e Pontevedra. Por un mundo más justo: nas circunscricións da Coruña e Ourense. Partido Comunista de los Pueblos de España: nas circunscricións da Coruña e Pontevedra. Solidaridad y Autogestión Internacionalista: nas circunscricións da Coruña e Pontevedra Partido Humanista: nas circunscricións da Coruña e Pontevedra. Hartos.org: na circunscrición da Coruña. Anticapitalistas: na circunscrición de Pontevedra.
A campaña electoral Sondaxes Recóllense nesta táboa algunhas das sondaxes publicadas nas datas inmediatamente anteriores ao proceso electoral
Sondaxe PSOE PP IU CiU PNV UPyD ERC BNG UxC G-Bai Amaiur FAC PRC EQUO PA Outros En brancoInterna PP, La Gaceta setembro 2011 Escanos 115 189 8 14 6 3 2 2 2 1 4-5 1-2 1 1 — — —El Mundo outubro 2011 31,8% 47,4% 5,0% 3,2% 1,2% 3,1% 0,9% — — — — — — — — 7,4% —La Razón outubro 2011 30,6% 46,1% 6,8% 3,6% 1,1% 3,0% 0,8% 1,0% 0,9% — — — — — — 6,2% —Escanos 116-118 183-185 10-12 13-15 5-6 2-3 1-2 2-3 3-4 — 5-6 1-2 0-1 0-2 0-1 — —El Mundo outubro 2011de El Mundo de 9 de octubre 2011 31,6% 47,8% 5,2% 3,2% 1,2% 2,9% 1,0% 1,2% — — — — — — — 7,1% —Escanos 122 193 6 12 5 3 2 2 2 — 3 — — — — — —La Vanguardia outubro 2011El PP lograría una holgada mayoría absoluta y el PSOE retrocedería a niveles de 1977 33,0% 46,0% — — — — — — — — — — — — — — —Escanos 115-122 186-192 4 11-12 5-7 2-4 1-2 — — — 4 — — — — 9-10 —El Mundo 16 outubro 2011 30,8% 48,0% 5,3% 3,4% 1,2% 3,0% 1,0% 1,2% — — — — — — — 7,3% —Escanos 117 196 6 13 6 3 2 2 2 — 3 — — — — — —
Resultados ao Congreso
Electorado: 35.779.491 Segundo a Web do Ministerio do Interior , 35.776.615. Votantes: 24.666.392 (68,94%) Abstención: 11.113.094 (31,06%) Votos válidos: 24.348.837 (68,05% sobre electores) Votos a candidaturas: 24.015.376 Votos en branco: 333.461 Votos nulos: 317.555 ← Elecciones xerais en España, 20 de novembro de 2011 → Partido Votos % Dif. Escanos % Esc. Dif. Partido Popular (PP)10.866.565 Resultado da suma dos 10.061.311 votos do Partido Popular, 339.236 votos da coalición PP-Extremadura Unida, 339.502 votos da coalición PP-Partido Aragonés e 126.516 votos da coalición PP-Unión del Pueblo Navarro.44,36186 Resultado da suma dos 170 escanos do PP máis os 6, 8 e 2 das coalicións citadas.53,14 Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 7.003.488 Resultado da suma dos 6.080.964 votos do Partido Socialista máis os 922.524 votos do Partit dos Socialistes de Catalunya. 28,76 110 Resultado da suma dos 96 escanos do PSOE máis os 14 votos do PSC. 31,43 Izquierda Unida (IU) 1.685.994 6,92 11 3,14 Convergència i Unió (CiU) 1.051.691 4,32 16 4,57 Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 324.317 1,33 5 1,43 Unión Progreso y Democracia (UPyD) 1.143.225 4,69 5 1,43 Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 244.854 1,00 3 0,86 Bloque Nacionalista Galego (BNG) 184.037 0,75 2 0,57 Unidos por Canarias (CC-NC)143.881 0,59 2 0,57 Geroa Bai (G-Bai) 42.415 0,17 1 0,29 Amaiur 334.498 1,37 7 2,00 Converxencia XXI (CXXI) 1.443 0 EQUO 175.158 0 Partido Andalucista (PA) 76.999 0 Foro Asturias (FAC) 99.473 0,41 1 0,29 Partido Regionalista Cántabro (PRC) 44.010 0
Resultados en Galicia
Electorado: 2.688.816 Votantes: 1.672.792 (62,21%) Abstención: 1.016.024 (37,79%) Votos válidos: 1.645.768 Votos a candidaturas: 1.619.042 Votos en branco: 26.726 Votos nulos: 27.024 Elecciones xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011 Partido Votos % Dif. Escanos % Esc. Dif. Partido Popular (PP) 684.567 51,59 15 65,21 +4 Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 457.633 27,81 6 26,09 -4 Bloque Nacionalista Galego (BNG) 184.037 11,18 2 8,69 = Esquerda Unida (EU) 67.702 4,11 0 = Unión Progreso y Democracia (UPyD) 19.969 1,21 0 = Converxencia XXI (CXXI) 1.443 0,09 0 EQUO 10.059 0,61 0
Deputados elixidos Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Partido Popular (PP) Antonio Erias ReyMarta González VázquezArsenio Fernández de MesaTristana MoralejaJuan de Dios Ruano Joaquín García DíezJaime de OlanoOlga Iglesias Celso Delgado Guillermo Collarte Ana Belén Vázquez Ana PastorIrene GarridoPaz LagoTelmo Martín Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Francisco CaamañoMiguel Cortizo Xosé Blanco Laura Seara Carmela Silva Guillermo Meijón Bloque Nacionalista Galego (BNG) Francisco Jorquera Olaia Fernández Dávila
Resultados ao Senado
Electorado: 35.776.615 Votantes: Abstención: Votos válidos: Votos nulos: Votos en branco: ← Elecciones xerais en España, 20 de novembro de 2011 → Partido Senadores % Senadores. Dif. Partido Popular (PP) Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Izquierda Unida (IU) Convergència i Unió (CiU) Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Unidos por Canarias (CC-NC) Amaiur
Resultados en Galicia Electorado: Votantes: Abstención: Votos válidos: Votos nulos: Votos en branco: Elecciones xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011 Partido Senadores % Senadores. Dif. Partido Popular (PP) 12 75% = Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 4 25% =
Senadores elixidos nas urnas Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Partido Popular (PP) Juan JuncalJosé Luis Torres ColomerMaría Xesús SáinzXosé Manuel BarreiroArmando CastosaJulia Rodríguez BarreiraCarmen LeyteMiguel Ángel Pérez de JuanFrancisco José Fernández PérezElvira LarribaDolores PanJosé Luis Rivera Mallo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Javier Losada Ricardo Varela Sánchez Miguel Fidalgo AredaÁngeles Marra
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de información sobre o proceso electoral
2011 Categoría:Eleccións celebradas en 2011