Crash é un filme estadounidense dirixido por Paul Haggis, que se estreou no 2004, galardoado con tres premios Oscar e dous premios BAFTA.
Sinopse O descubrimento nunha cuneta do corpo dun home brutalmente asasinado fará que as vidas de varias persoas se entrecrucen na cidade dos Ánxeles. Un policía veterano e racista, o seu compañeiro novato e idealista, a esposa do fiscal do distrito, un tendeiro iraniano, unha parella afroamericana adiñeirada... Entre estes personaxes xurdirán tensións raciais, relixiosas e sociais que ilustran a caótica vida dos habitantes dos Estados Unidos.
Personaxes Sandra Bullock como Jean Cabot Thandie Newton como Christine Thayer Don Cheadle como Graham Waters Matt Dillon como Matt Ryan Jennifer Esposito como Ría William Fichtner como Jake Flanagan Brendan Fraser como Rick Cabot Ryan Phillippe como Tom Hanson Terrence Howard como Cameron Thayer Ludacris como Anthony Michael Peña como Daniel Ruiz Shaun Toub como Fahrad Art Chudabala como Ken Ho William Fichtner como Jake Flanagan Loretta Devine como Shaniqua Bahar Soomekh como Dorri Keith David como Tenente Dixon
Galardóns e nomeamentos 2005: 3 Oscars: Óscar ó mellor filme, guión orixinal, montaxe. 6 Nomeamentos. 2005: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Matt Dillon), guión. 2005: BAFTA: Mellor actriz secundaria, guión. 9 nomeamentos. 2005: National Board of Review: Mellor actor secundario (Terrence Howard) 2005: Premios David di Donatello: Mellor película estranxeira.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Paul Haggis Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal