José Fernández Fernández, nado en Navia de Suarna o 30 de xaneiro de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Ingresou en Telefónica en 1980 en Bilbao, e trasladouse en 1984 a Becerreá. Tres anos máis tarde, presentouse como número catro na candidatura do PSdeG-PSOE de Navia de Suarna, saíndo elixido concelleiro, e permanecendo neste posto durante tres lexislaturas. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Navia de Suarna en 1999 e 2003. Acadou a Alcaldía con maioría absoluta en 2007, resultado que repetiu nas eleccións municipais de 2011, 2015, 2019 e 2023.

En marzo de 2010 tomou posesión como Deputado Delegado da Área de Medio Ambiente. En 2011 volveu ser deputado provincial como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial da Fonsagrada.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Navia de Suarna

Ligazóns externas O socialista José Fernández optará á reelección na alcaldía de Navia de Suarna Noticia en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Navia de Suarna Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Navia de Suarna Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes