miniatura|dereita|Petróglifo da Moura en Pena Furada, Coirós. A Pena Furada é un sitio arqueolóxico que podería corresponderse cun espazo ritual monumentalizado emprazado no lugar de Figueiras, no concello de Coirós. Considérase un santuario pola presenza dunha figura antropomorfa co sexo feminino moi remarcado, insculturada nun podio, nun contexto construtivo de claro sentido ritual que define un amplo, complexo e monumental espazo simbólico. Características Nesta estación rupestre atopáronse inicialmente unha serie de petróglifos polas diferentes penas do lugar, os principais foron: un petróglifo composto por dous círculos unidos nun dos extremos outro petróglifo representando unha figura feminina co sexo resaltado denominada A Moura unha pía cuadrangular un petróglifo antropomorfo de realización modernaPetróglifos da Pena Furada (Figueiras, Coirós) artigo publicado por Antón Malde no Anuario Brigantino seis pequenas cazoletas dúas escadas labradas na rocha o gravado dunha cruz

A Moura A Moura é un petróglifo que representa a unha muller de cabeza ovalada con ollos e boca, con dous brazos e dúas pernas que rematan nos pés, e cun sexo ben remarcado que podería indicar algún culto á fertilidade. Esta figura feminina non se corresponde con ningún dos petróglifos típicos descritos en Galicia.Hallan en Coirós un relieve pagano que podría datar del siglo I artigo de La Voz de Galicia

Escavacións do ano 2011 miniatura|dereita|Pedra traballada con forma esférica. En setembro do ano 2011 o arqueólogo Antón Malde e o xornalista Manuel Gago dirixiron cun equipo de voluntarios un proxecto de arqueoloxía pública no que se adicaron á limpeza e escavación do lugar.Arqueólogos y voluntarios investigan en Coirós un posible santuario galaicorromano na Opinión Nestas escavacións reveláronse varias estruturas con muros que se supón que formarían parte dun santuario centrado na figura da Moura. Atopáronse gran cantidade de anacos de cerámica romana, restos de tellas, restos de muros perimetrais e unha pedra tallada en forma de esfera.

Segundo Malde o sitio podería tratarse dun santuario galaicorromano construído entre os séculos I e IV.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Moura Sheela na Gigs

Ligazóns externas Proxecto Arqueolóxico da Pena Furada Web oficial do proxecto de investigación do sitio arqueolóxico Petróglifos da Pena Furada (Figueiras, Coirós) artigo publicado por Antón Malde no Anuario Brigantino de Betanzos. La figura de mujer del petroglifo da Pena Furada no Anuario Brigantino por Fernando Alonso Romero O misterio da Moura da Pena Furada Estudian en Coirós el principal santuario galaicoromano hallado hasta la fecha "A Moura" comeza a espir o seu segredo Vídeo con algúns detalles da escavación Los expertos investigan el principal santuario galaicorromano hallado hasta la fecha nova sobre o sitio no diario Público En directo desde Pena Furada artigo sobre o sitio en culturagalega.org Páxina en Facebook con gran cantidade de información do sitio e vídeos explicando os avances da escavación

Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Coirós Categoría:Petróglifos de Galicia