O Porta XI Ensino, coñecido por motivos de patrocinio como Durán Maquinaria Ensino, é un equipo de baloncesto profesional feminino da cidade de Lugo. Fundado en 1980, actualmente compite na Liga Feminina de Baloncesto (Liga Endesa), máxima categoría do baloncesto feminino español, e na Eurocup. O Ensino chegou por vez primeira á Primeira División no ano 1995, chegando en catro ocasións ás semifinais polo título de liga e sendo dúas veces subcampioas da Copa da Raíña. Tamén conseguiron dous títulos da Copa Galicia. O Ensino xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes, recinto con capacidade para 6.000 espectadores.
Historia O Club Deportivo Ensino naceu no seo da Asociación de Pais do Colexio da Compañía de María de Lugo en 1980. Con anterioridade, os seus equipos recibían o nome do Colexio, mais a partir desta data o club pasa a denominarse Club Deportivo Ensino. Na súa primeira temporada após a súa fundación, o equipo competiu na Segunda División Nacional cun equipo formado case na súa totalidade por xogadoras formadas na canteira do club. Alén diso, contaba con equipos en todas as categoría de formación. O club lucense permaneceu na categoría até a temporada 1986−87, na que, grazas ao segundo posto logrado na clasificación, conseguiu o ascenso á Primeira División "B". Nesta categoría permanecen durante tres temporadas, desde a 1987−88 até a 1989−90, ano no que descenden de categoría.
A temporada 1990−91 comeza co club de volta na Segunda División, mais esta vez conseguen regresar á Primeira "B" en tan só un ano. Tras catro temporadas nesta división, o club consegue na temporada 1994−95 por primeira vez o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, a Liga Feminina, após a súa vitoria na fase de ascenso celebrada na Seu d'Urgell. Presidía o club Pilar Linares, sendo o seu adestrador Manel Sánchez. Foi precisamente baixo a presidencia de Pilar Linares Santamarina cando o club comeza a aspirar a outras metas, tentando facer un equipo competitivo que sexa quen de lograr algún título da máxima categoría.
Os resultados non tardaron en chegar da man de Juan Corral como adestrador. Na temporada 1998−99, o Ensino Universidade consegue finalizar a liga regular en primeiro posto, mais finalmente perden nas semifinais polo título ante o Halcón Viajes de Salamanca. O equipo chega ás semifinais de novo nas seguintes dúas temporadas da man de xogadoras como Catarina Pollini, Concepción Delgado, Silvia Crawley, Belén García, Begoña García Piñero, Ingrida Jonkute, Isabel Sánchez, Raquel Álvarez, Regina Gómez, Arantxa Novo ou Maiga Hamchetou. Alén dos bos resultados en liga, o equipo consegue ser dúas veces finalista da Copa da Raíña (1998 e 2002).
Tras dez temporadas consecutivas na máxima categoría, no ano 2005 e coincidindo co vinte e cinco aniversario da súa fundación, o club pasa por unha profunda renovación que levou consigo a mudanza do nome do club, que pasou a chamarse Porta XI Ensino (en referencia ás portas da Muralla de Lugo). Con todo, na seguinte temporada, o equipo na seguinte temporada o equipo finaliza no décimo cuarto lugar da Liga, descendendo tras once anos á Liga Femenina 2. Despois de once temporadas e cinco tentativas de ascenso nos play-offs, o equipo consegue regresar á elite na temporada 2017−18. Nesta campaña, o equipo ocupaba na xornada 11 o noveno posto do Grupo A cun balance de 5 vitorias por 6 derrotas. Con todo, a chegada o club de Claudia Calvelo, Margaret Roundtree, Arantxa Novo e Brittany Miller, levan ao Ensino a gañar 15 partidos de forma consecutiva en Liga Regular, que lle outorgaban o segundo posto. Na fase de ascenso en Valencia, o Ensino gaña os seus catro partidos (para un total de 19 vitorias consecutivas), conseguindo así o seu regreso á Liga Endesa.
Nomes miniatura|Vista frontal do Pazo dos Deportes. Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: CD Ensino (1980−1993) Fonxesta Ensino (1994–1997) Ensino Universidade (1998–1999) Ensino Yaya María (1999–2001) Yaya María Breogán (2001–2005) Yaya María Porta XI (2005–2006) Durán Maquinaria Ensino (2007–presente)
Pavillón
O Ensino xoga os seus encontros como local no Pazo dos Deportes, un pavillón inaugurado en 1992, con capacidade para 6.500 espectadores.<ref> Á parte do Ensino, tamén xoga no recinto o Club Baloncesto Breogán, equipo de baloncesto masculino da cidade que compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto estatal. Alén dos equipos de baloncesto, o pavillón é utilizado esporádicamente para a organización doutros eventos deportivos e culturais.
O Pazo atópase situado no barrio de Acea de Olga da cidade amurallada, no campus da Universidade de Santiago de Compostela, motivo polo cal é ás veces chamado "Pazo Universitario" ou simplemente "Universitario". Ten pistas de squash, ximnasio e pistas polideportivas anexas. Ademais, conta cun pequeno pavillón anexo adicado ao baloncesto con dúas canchas. Nos arredores hai tamén unha piscina cuberta, pistas de atletismo e un campo de rugby. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Xogadoras Elenco actual
Tempadas AnoNivelDivisión PlayoffCopa da Raíña1980–813 2ª División1981–823 2ª División1982–833 2ª División1983–843 2ª División1984–853 2ª División1985–863 2ª División1986–873 2ª División1987–882 1ª División B1988–892 1ª División B1989–902 1ª División B 1990–913 2ª División 1991–922 1ª División B1992–932 1ª División B1993–942 1ª División B1994–952 1ª División B1995–961 1ª División10º Segunda rolda1996–971 Liga Femenina7º 8º Liga de clasificación Cuartos de final1997–981 Liga Femenina7º 5º Liga de clasificación Cuartos de final1998–991 Liga Femenina 1º 3º SemifinaisSubcampioas1999–001 Liga Femenina 3º 3º Semifinais Cuartos de final2000–011 Liga Femenina 4º 4º Semifinais Semifinais2001–021 Liga Femenina6º6º Cuartos de finalSubcampioas2002–031 Liga Femenina12º2003–041 Liga Femenina 3º 3º Semifinais 2004–051 Liga Femenina12º2005–061 Liga Femenina10º Cuartos de final2006–071 Liga Femenina2007–082 Liga Femenina 22008–092 Liga Femenina 22009–102 Liga Femenina 22010–112 Liga Femenina 22011–122 Liga Femenina 22012–132 Liga Femenina 22013–142 Liga Femenina 22014–152 Liga Femenina 22015–162 Liga Femenina 22016–172 Liga Femenina 22017–182 Liga Femenina 22018–191 Liga Femenina 10º2019–201 Liga Femenina 7º Cuartos de final2020–211 Liga Femenina 7º7º Cuartos de final Cuartos de final
Palmarés Copa da Raíña Subcampioas (2): 1999, 2002 Copa Galiza Campioas (3): 2004, 2010, 2012
Notas
Véxase tamén Outros artigos CD Xuncas
Ligazóns externas Sitio web oficial do Ensino
Categoría:Porta XI Ensino Categoría:Deporte en Lugo