José Manuel Ledo López, nado en Monforte de Lemos o 12 de xullo de 1929, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Medicina e Cirurxía pola USC e licenciado en Estomatoloxía pola Universidade de Madrid, é diplomado en Sanidade Nacional pola Escola Nacional de Sanidade. Foi médico do Servizo Galego de Saúde e xefe de Sanidade de Monforte de Lemos. Concelleiro en Pantón e primeiro tenente de alcalde. Logo do falecemento do alcalde José Chao Falcón a finais de decembro de 1986, foi elixido alcalde o 9 de xaneiro de 1987La Voz de Galicia, 10-1-1987, p. 20. Nas municipais de 1987 foi o candidato de Coalición Progresista Galega á alcaldía de Pantón, e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, ata 2007 que foi substituído como cabeza de lista por José Luis Álvarez Blanco. Foi presidente da Asociación "Ribeira Sacra Lucense" do Plan Leader.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais en Pantón
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Alcaldes de Pantón Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1929 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes