Billy Elliot é un filme británico dirixido por Stephen Daldry que se estreou no ano 2000. No 2001, o escritor Melvin Burgess foi elixido para escribir unha novela baseada no guión do filme, escrito por Lee Hall.

Estreouse en galego o 28 de xuño de 2021 a través da TVG.

Sinopse En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, sucédense os enfrontamentos entre piquetes e policía. Entre os mineiros máis exaltados están Tony e o seu pai. Este empeñouse en que Billy, o seu fillo pequeno, reciba clases de boxeo. Pero, aínda que o rapaz ten un bo xogo de pernas, carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy observa a clase de ballet da señora Wilkinson, unha muller de carácter severo que o anima a participar. A partir dese intre, Billy adicarase apaixonadamente á danza.

Personaxes Jamie Bell como Billy Elliot Voz da dobraxe galega de Carolina Vázquez. Julie Walters como Georgia Wilkinson Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo. Gary Lewis como Jackie Elliot Voz da dobraxe galega de Matías Brea. Jamie Draven como Tony Elliot Voz da dobraxe galega de Antón Ja. Jean Heywood como Avoa Voz da dobraxe galega de Ana Maciñeiras. Stuart Wells como Michael Caffrey Voz da dobraxe galega de Luisa Fernández-Miranda. Nicola Blackwell como Debbie Wilkinson Voz da dobraxe galega de Teresa Santamaría. Colin Maclachlan como Tom Wilkinson Voz da dobraxe galega de Tacho González. Billy Fane como Mr. Braithwaite Janine Blirkett como Jenny Elliot Voz da dobraxe galega de Beatriz García. Adam Cooper como Billy Elliot, ós 25 anos Merryn Owen como Michael Caffrey, ós 25 anos Voz da dobraxe galega de Antonio Rey. Stephen Mangan como Doutor Crane

Galardóns e nomeamentos 2000: 3 Nomeamentos ó Oscar: director, actriz secundaria (Julie Walters) e guión orixinal. 2000: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme - drama e actriz secundaria. 2000: 3 premios BAFTA: Alexander Korda, actor e actriz. 13 nomeamentos. 2000: Nomeada ó Premio Goya: Mellor filme europeo. 2000: Nomeada ó César: Mellor filme estranxeiro. 2000: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2000: National Board of Review: Meellr actor revelación (Jamie Bell).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Jacqueline Jones, "Small Towns and Big Dreams: Meditations on Two Mining-Town Movies" Perspectives on History (febreiro de 2011) 49#2 pp 30–31, compara o filme con "How Green Was My Valley". Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Daldry Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados en 1984 Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados en 1999 Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes de Working Title Films Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego