Taraba é un dos estados da República Federal de Nixeria, creado en 1991. A súa capital é a cidade de Jalingo.

Posúe unha extensión duns 54.473 km². A poboación cífrase en 2.774.083 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 50,9 habitantes por cada quilómetro cadrado. Ten fronteiras polo leste con Camerún.

Os ríos Benue, Taraba, Donga e Ibi son os principais ríos do estado, que nacen nas montañas camerunesas, e atravesan o estado de Taraba en dirección norte a sur para desembocar no río Níxer.

Áreas de goberno local

Este estado subdivídese internamente nun total de dezasete áreas de goberno local:

Ardo-Kola Bali Donga Gashaka Gassol Ibi Jalingo Karim-Lamido Kumi Lau Sardauna Takum Ussa Wukari Yorro Zing

Categoría:Estados de Nixeria