Pan negroFicha do libro, no orixinal catalán Pa negre, é unha novela da literatura catalá contemporánea escrita por Emili Teixidor en 2004. Foi traducida ao galego por Eduard del Castillo Velasco e publicada pola Fundación Vicente Risco a finais de 2011.

Características Está ambientada no rural catalán durante a época da posguerra en España. Os temas que trata son a conciencia moral e o descubrimento da sexualidade dun adolescente obrigado ao silencio para sobrevivir. O seu autor, Teixidor, é unha figura recoñecida de literatura xuvenil no seu país.

A obra está traducida a outras linguas e conta cunha versión cinematográficaLa novela en la que se basa 'Pa Negre' vende 20.000 ejemplares tras el estreno del filme, en La Vanguardia. , tamén chamada Pa negre, baixo a dirección de Agustí Villaronga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Crítica do libro

Categoría:Obras literarias de 2004 Categoría:Novelas en catalán Categoría:Obras traducidas do catalán ao galego