Andrew Daniel Divoff (en ruso: Андрей Дивов), nado o 2 de xullo de 1955 en El Tigre, Anzoátegui, é un actor venezolano de cinema e televisión.

Biografía O seu pai é ruso e a súa nai venezolana.Biography for Andrew Divoff (en inglés) Actualmente reside en Estados Unidos. Divoff pode falar oito linguas diferentes: inglés, castelán, italiano, francés, alemán, catalán (viviu en Cataluña entre 1973 e 1977), portugués e ruso. En ocasións fala romanés, pero esquécese do idioma cando non ten con quen falalo.Toxic Shock TV - Actor Andrew Divoff Interview (en inglés) Divoff casou coa actriz rusa Raissa Danilova, da que está actualmente divorciado.

Traxectoria É coñecido internacionalmente por interpretar a Djinn no filme Wishmaster e a Cherry Ganz en 48 horas máis. Tamén fixo de Boris Bazylev en Air Force One, a Ivan Sarnoff in CSI: Miami e de Mikhail Bakunin en Lost.

Filmografía Películas

The Hunt for Red October (como Foxtrot Weapons Officer), 1990 48 horas máis (como Cherry Ganz), 1990 Graveyard Shift (como Danson), 1990 Toy Soldiers (como Luis Cali), 1991 Interceptor (como Capt. Winfield), 1992 A Low Down Dirty Shame (como Mendoza), 1994 Magic Island (voz de Blackbeard), 1995 Deadly Voyage (como Romachenko), 1996 Air Force One (como Boris Bazylev), 1997 Wishmaster (como Djinn/Nathaniel Demerest), 1997 Wishmaster 2: Evil Never Dies (como Djinn/Nathaniel Demerest), 1999 Captured (como Robert Breed), 1999 Faust: Love of the Damned (como M), 2001 Blue Hill Avenue (como Detective Tyler), 2001 Knight Club, 2003 The Rage (como Dr. Viktor Vasilienko), 2007 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull, 2008

Televisión

The A-Team (nos episodios "Firing Line" e "Dishpan Man"), 1986 Highlander: The Series (no episodio "A Bad Day in Building A" como Bryan Slade e "Little Tin God" como Gavriel Larca), 1992 e 1996 Alias tempada 4, 2005 The Unit tempada 1, 2006 Lost (nos episodios "The Cost of Living", "Enter 77", "Par Avion", "One of Us", "D.O.C.", "The Man Behind the Curtain", "Through the Looking Glass" e "The Package" como Mikhail Bakunin), 2006-2007 Burn Notice (no episodio "Comrades" como Ivan)

Videoxogos

Command & Conquer: Red Alert 3 (como Xeneral Krukov), 2008 Call of Duty: Black Ops (Lev Kravchenko), 2010

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Venezuela Categoría:Nados no estado de Anzoátegui Categoría:Nados en 1955