Aappilattoq (antigamente Augpilagtoq) é unha poboación da municipalidade de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Significa "anemone de mar" en lingua groenlandesa. Posuía 138 habitantes en outubro de 2011.Concello de Kujalleq
A área de Aappilattoq estivo habitada desde o século XIX, mais o asentamento actual fundouse en 1922.
As principais ocupacións da xente son a caza e a pesca.
Posúe unha escola, Jaajap atuarfia, con 22 alumnos no 2006, como tamén unha igrexa.
Até o 31 de decembro de 2008, pertencía a Nanortalik e a partir do 1 de xaneiro de 2009, forma parte de Kujalleq, cando os antigos municipios de Qaqortoq, Narsaq e Nanortalik deixaron de existir como entidades administrativas.
Alberga un heliporto operado pola Air Greenland, aínda que a principal vía de comunicación é a marítima, sendo practicamente inaccesible por terra.
Xeografía Aappilattoq atópase ao leste de Nanortalik, a uns 50 km ao norte de Cabo Farewell, o cabo máis meridional de Groenlandia, entre fiordes.
Galería de imaxes
Poboación Ficheiro:Aappilattoq-kujalleq-population-dynamics.png
Notas
Categoría:Cidades e vilas de Groenlandia