Julio Wais Sanmartín, nado na Coruña o 28 de agosto de 1878 e finado en Madrid o 16 de abril de 1954Necrolóxica en ABC, 18-4-1954, p. 34 e 64, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou dereito en Santiago e doutorouse en Madrid. Comezou a exercer a avogacía na súa cidade natal para trasladarse posteriormente a Madrid.
A carreira política iniciouna, na facción de Augusto González Besada, no Partido Conservador. Posteriormente pasouse á facción de Eduardo Dato. Ao morrer o deputado polo distrito electoral de Pontedeume José Lombardero, foi elixido deputado por este distrito en 1913 nunhas eleccións parciais. Continuou representando ao distrito en Cortes durante cinco lexislaturas ata 1923.
No seu labor parlamentario destacouse por loitar para que se rebaixasen os dereitos arancelarios do millo, moi prexudiciais para o labrego galego. Outras xestións súas son a concesión da carruaxe do correo para Ares e Mugardos, a construción da escola de Boebre, a reparación das igrexas de Centroña, Boebre e Ombre, a construción por parte do Estado do muro de contención da alameda de Raxoi en Pontedeume e os traballos para a transformación en pavillón escolar do edificio que ocupaba o hospital-asilo, tamén en Pontedeume. Por estas dúas últimas xestións, o concello de Pontedeume adicoulle unha rúa, a actual avenida da Coruña, en 1921.
Foi Director Xeral de Rexistros de Notarios (1917), Subsecretario do Ministerio de Gobernación (1920), Ministro de Graza e Xustiza do 7 de xullo ao 14 de agosto de (1921), Ministro de Economía Nacional do 3 de febreiro ao 20 de agosto de 1930 con Dámaso Berenguer, cesando neste ministerio para ocupar a carteira de Facenda ata o 18 de febreiro de 1931) co mesmo presidente. miniatura|175px|Julio Wais Sanmartín no seu despacho en 1932.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía no artigo de Carlos de Castro Álvarez, Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume. Revista Cátedra nº 11 (2004). Ficha de Julio Wais na web do Congreso dos Deputados.
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Ministros de España Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1954