miniatura|dereita|Alolactosa.
A alolactosa é un disacárido formado por D-galactosa e D-glicosa unidas por enlace O-glicosídico β1-6 PubChemChemSpider, polo que o seu nome sistemático é D-galactopiranosil (1→6)-D-glicosa CHEBI. É similar á lactosa, pero esta ten enlaces β(1-4). Pode orixinarse pola transglicosilación ocasional da lactosa catalizada polo encima β-galactosidase.
A función biolóxica principal da alolactosa é a de ser un indutor do operón lac da bacteria Escherichia coli . A alolactosa actúa uníndose a unha subunidade do represor lac tetramérico lac repressor by David S. Goodsell.Lewis, M. The lac repressor. PMID 15950160}}, o cal, cando pode funcionar normalmente, reprime o funcionamento do operón uníndose ao operador lac, pero cando a lactosa se une a el sofre cambios conformacionais que reducen a súa afinidade co operador do operón, polo que se disocia do operador e non pode reprimir o operón. Esta ausencia de represor activo causada pola alolactosa fai que o operón poida transcribir os seus xenes, polo que a alolactosa funciona como un indutor do operón.
Un análogo non hidrolizable da alolactosa é o isopropil β-D-1-tiogalactopiranósido (IPTG), que se usa en bioloxía molecular para inducir o operón lac.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Operón lac
Ligazóns externas Illustration of function
Categoría:Carbohidratos Categoría:Disacáridos