250px|miniatura|Pedro Barba Pedro Barba (tamén chamada Casas de Pedro Barba) é unha localidade situada na parte oriental da illa canaria de La Graciosa, que pertence administrativamente ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, España. Trátase do núcleo de poboación máis setentrional de todas as Canarias, e o máis próximo á Península Ibérica, da que dista 1.034 km en liña recta ata o cabo de Trafalgar.

Historia Foi o primeiro asentamento da illa, xurdindo en 1880 á calor dunha fábrica de salgadura de peixe."Los restos arqueológicos más antiguos de Canarias están en La Graciosa". El Día. 07/10/2012.

Demografía Segundo o Instituto Nacional de Estadística de España, no ano 2019 este núcleo contaba con 3 habitantes censados.

+ Variación demográficaInstituto Nacional de Estadística de Pedro Barba 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 0 0 2 4 2 2 2 2 2 2 2 2 2 1 3 2 2 3 3 3

Comunicacións Está comunicada por unha estrada sen asfaltar co porto da outra localidade habitada da illa, Caleta de Sebo, enlace marítimo coa veciña illa de Lanzarote. A súa praia é duns 110 metros, e ten zona de fondeo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Caleta de Sebo

Categoría:Localidades de La Graciosa