O Hapoel HaEmek (en hebreo: הפועל העמק), tamén coñecido como Hapoel Gilat Telecom HaEmek polo patrocinador, é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Gan Ner. O club xoga na Ligat ha'Al. O equipo xoga os seus partidos como local no pavillón Gan Ner con capacidade para 2.500 espectadores.
Historia O club foi fundado en 2008 o Hapoel Gilboa (que previamente se fusionara co Hapoel Afula, e ese ano se separaran) recibise a licenza de primeira división do Hapoel Galil Elyon para xogar na Primeria división o Campionato de Baloncesto. O acordo estipulaba, nun principio, que había de se xogsr o 70% dos partidos na cidade de Gan Ner e o outro 30% en Kfar Blum, aínda que na práctica a gran maioría dos encontros xóganse en Gan Ner.
En maio de 2010, o Hapoel Gilboa Galil gañou o campionato despois de derrotar aos campións defensores do título, e grandes dominadores do baloncesto de Israel, o Maccabi Tel Aviv, cun marcador de 90-77 na final dos playoffs.
En 2025, o Hapoël Gilboa Galil fusionouse co Hapoël Afoula para converterse no Hapoël HaEmek.
Títulos Campionato Ligat ha'Al (1): 2010 Subcampionato (1): 2013 Liga Internacional dos Balcáns (2): 2012, 2013 Subcampionato (1): 2014
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial (en hebreo)
Categoría:Equipos de baloncesto de Israel