miniatura|Esquema das distintas rutas de degradación oxidativa dos aminoácidos. Os que dan lugar a acetoacetil-CoA ou acetil-CoA poden orixinar corpos cetónicos. Os que poden orixinar outras moléculas son glicoxénicos. Un aminoácido glicoxénico é un aminoácido que pode converterse en glicosa seguindo a vía metabólica da gliconeoxénese. O termo contraponse a aminoácido cetoxénico, que se aplica a aqueles que se poden transformar en corpos cetónicos, aínda que hai aminoácidos que poden ser tanto glicoxénicos coma cetoxénicos.
Degradación dos aminoácidos Durante a degradación oxidativa dos aminoácidos Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988) Omega. Páxinas536-545. ISBN 84-282-0738-0 estes perden os seus grupos amino (que acaban no ciclo da urea) e os seus esqueletos carbonados restantes orixinan acetil-CoA, acetoacetil-CoA, piruvato ou moléculas do ciclo de Krebs Chapter on Amino acid catabolism in Biochemistry by Jeremy Berg, John Tymoczko, Lubert Stryer. Fourth ed. by Lubert Stryer. ISBN 0-7167-4955-6 Accessed 05-11-2011, e algúns carbonos pérdense en descarboxilacións como CO2. A produción de glicosa a partir de aminoácidos implica que estes se deben converter primeiro en piruvato ou en ácidos e cetoácidos do ciclo de Krebs, tales como o alfa-cetoglutarato, succinato e oxalacetato, os cales entran na gliconeoxénese. Isto sucede no fígado e riles. A glicosa formada pode ser despois oxidada na respiración celular, e, deste modo, os aminoácidos poden contribuír á produción de enerxía en forma de ATP. Normalmente os aminoácidos son reutilizados para a síntese de proteínas ou de certos metabolitos, e só raramente entran nesta vía, pero o proceso vese incrementado cando hai un exceso de aminoácidos ou durante a catabólise que se produce durante os períodos de xexún ou en épocas de fame.
Degradación dos aminoácidos glicoxénicos Como se observa na figura do inicio da páxina, os aminoácidos glicoxénicos poden orixinar piruvato ou moléculas do ciclo de Krebs, que se poden utilizar para sintetizar glicosa. Poden darse os seguintes casos: Os aminoácidos alanina, treonina, glicina, serina e cisteína orixinan piruvato. O aminoácido triptófano pode orixinar con parte da súa molécula alanina e, por tanto, entrar nas vías glicoxénicas a través desa alanina, orixinando piruvato, pero o resto da súa molécula entra nas vías cetoxénicas. Os aminoácidos asparaxina e aspartato orixinan oxalacetato. Os aminoácidos fenilalanina e tirosina orixinan con parte da súa molécula fumarato (o resto da molécula entre en vías cetoxénicas). Os aminoácidos arxinina, histidina, glutamina, prolina e glutamato orixinan alfa-cetoglutarato. Os aminoácidos isoleucina, metionina e valina orixinan succinil-CoA.
Aminoácidos glicoxénicos Nos seres humanos os aminoácidos exclusivamente glicoxénicos son os seguintes:
Glicina Serina Valina Histidina Arxinina Cisteína Prolina Alanina Glutamato Glutamina Aspartato Asparaxina Metionina
Aos anteriores hai que engadir outros, que poden ser tanto glicoxénicos coma cetoxénicos, e que son:
Isoleucina Treonina Fenilalanina Tirosina Triptófano
Só a leucina e lisina non son glicoxénicos, senón cetoxénicos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aminoácido cetoxénico Gliconeoxénese Ciclo de Krebs
Ligazóns externas Amino acid metabolism Amino acid metabolism
Categoría:Aminoácidos Categoría:Aminoácidos glicoxénicos