Os gozos e as sombras (título orixinal en castelán Los gozos y las sombras) é unha serie de televisión española de 1982, adaptada e producida por Jesús Navascués e dirixida por Rafael Moreno Alba. Está baseada na novela Los gozos y las sombras de Gonzalo Torrente Ballester (que supervisou a adaptación), e ambientada nunha vila de Galiza entre 1934 e 1936. Consta de 13 capítulos, e foi emitida inicialmente por TVE, e distribuída posteriormente ao Uruguai e a Arxentina.
Tamén foi dobrada ao galego e emitida pola TVG, converténdose no primeiro produto audiovisual dobrado ao galego.
Amais de supoñer no seu momento un relanzamento editorial da novela, abriu o camiño á produción doutras series baseadas en novelas clásicas da literatura española.
Trama
Pueblanueva del Conde é unha vilas das Rías Baixas, que nos anos finais da Segunda República Española sofre un cambio social e económico que altera a orde tradicional instalada. As familias vellas propietarias das terras ceden paso á nova burguesía industrial.
Tralo regreso de Carlos Deza, último da saga dos Churruchaos, comeza un enfrontamento entre el e dona Mariana fronte a Cayetano Salgado.
Rodaxe Foi rodada en Pontevedra e arredores. Aparecen lugares como o mosteiro de Poio ou Combarro.
Ficha artística Personaxes Eusebio Poncela (Carlos Deza) Amparo Rivelles (Mariana Sarmiento) Charo López (Clara Aldán) Carlos Larrañaga (Cayetano Salgado) Rosalía Dans (Rosario "La Galana") Santiago Ramos (Juan Aldán) Manuel Galiana (Paquito) Rafael Alonso Ochoa (Don Baldomero) José María Caffarel (Don Lino) Eduardo Fajardo (Fray Eugenio) Isabel Mestres (Inés Aldán) Tito García (Cubeiro) María Casal (Carmiña) Fernando Sánchez Polack (El Cubano) Verónica Luján (Lucía) Carmen Roldán (Germaine) María Vico (Rucha) Laura Cepeda (Rucha filla) Julia Trujillo (La Galana) Walter Vidarte (Xirome) Pilar Bardem (Curandeira)
Equipo técnico Jesús Navascués (adaptación e produción) Rafael Moreno Alba (dirección e realización) José García Galisteo (fotografía) Nemesio García Carril (música orixinal) Pedro del Rey (montaxe) Eduardo Hidalgo (decorador) Javier Artiñano (figuración) Gonzalo Torrente Ballester (supervisión)
Dobraxe
Ten unha relevancia especial na historia da dobraxe ao galego, pois foi o primeiro produto audiovisual dobrado ao galego, no ano 1984. A dobraxe foi dirixida por Juan Guisán no estudio Vídeo Galicia (A Coruña) e o guión traducido por Marino Dónega.
Premios Fotogramas de Prata 1982 Categoría Persoa ResultadoMellor intérprete de televisiónCharo LópezGañadoraMellor intérprete de televisiónEusebio PoncelaCandidatoMellor intérprete de televisiónAmparo RivellesCandidata
Premios TP de Ouro 1982 Categoría Persoa ResultadoMellor serie nacionalGañadoraMellor actrizCharo LópezGañadora
Premios Ondas Categoría ResultadoNacional de TelevisiónGañadora
Premios ACE Categoría Persoa ResultadoMellor serie de televisiónGañadoraMellor director de televisiónRafael Moreno AlbaGañador
Véxase tamén Ligazóns externas "Torrente Ballester: En 'Los gozos y las sombras', la novela era más erótica que la película""; entrevista de Rosa María Pereda en El País, 24 de marzo de 1982 . Los gozos y las sombras na web de TVE Ficha na web de AVG.
Categoría:Series de televisión de Televisión Española Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1930