Fátima Peón Torres, nada en Lourizán (Pontevedra) o 7 de xuño de 1985, é unha escritora, compositora e directora de teatro galega.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Pontevedra. Desde os 17 anos vive entre Pedre e Madrid. Alí iniciou estudos de xornalismo na Universidade Complutense. É licenciada en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia pola Real Escola de Arte Dramática de Madrid e MBA pola Universidade Antonio de Nebrija.

De nova gañou o certame Ben Veñas, Maio nas modalidades de relato e poesía, amais do Premio Manolo Lado, dous Premios Minerva e o XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís. Colaborou na prensa no Faro de Vigo e na radio en Cadena SER. Dirixiu a compañía de teatro Yo/lapeordetodas. Dirixiu as curtametraxes Age of Blindness, Orquestra (2009) e Síndrome Rosalía (2011, premio Curtas para Rosalía). Dende 2018 lidera a banda de música electrónica Chlorine Dreams.

Nas eleccións municipais de 2011 concorreu como candidata independente e cabeza de lista do BNG polo concello de Cerdedo."El BNG presenta una candidatura para "recuperar el tiempo perdido" en Cerdedo", artigo en Faro de Vigo, 21 de abril de 2011.

Obra Sempre nos quedará París (teatro, 2002) Trinta de Novembro (narración, 2002) Camposanto (novela, 2003). XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís. Salmo por la escuela número 1 (teatro, 2007) Miserere (narración curta, 2008). II Premio de Relatos Mulleres Progresistas. Glosario de Resistencia (poesía, 2012) O Desexo de Ser Fouciño (poesía, 2024)

Como directora de teatro Notas de Cocina de Rodrigo García (2006) El Montacargas de Harold Pinter (2007) Mariposas Nocturnas de Laura Rubio Galletero (2008) La Enfermedad de la Juventud de Ferdinand Bruckner (2009) Proyecto Bruckner o De Ratas y Artistas de Laura Rubio Galletero (2010), obra gañadora da Bolsa Primeira Obra Fundación CaixaGalicia.

Con Chlorine Dreams Polar Star, single (2018) Terraforming, single (2019) In the Air Tonight, single (2019) A Fucking Stupid Love Song, single (2020) Get Ready, single (2020)

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Políticos do BNG

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Nados en 1985

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes