A espermidina é unha poliamina implicada no metabolismo celular e atopada en case todos os tecidos asociada aos ácidos nucleicos. Trátase dunha poliamina lineal con tres grupos amínicos coa fórmula H2N-((CH2)4-NH-)2-H. A pH fisiolóxico a espermidina está ionizada en forma policatiónica. A espermidina sintetízase a partir da putrescina por reacción coa S-adenosil metionina descarboxilada en reacción catalizada pola espermidina sintase. A partir da espermidina pode sintetizarse a espermina PubChem Compound Spermidine.

Funcións e aplicacións Entre as funcións coñecidas da espermidina están as seguintes: Axuda a estabilizar os ácidos nucleicos. Inhibición da óxido nítrico sintase neuronal (nNOS ou NOS1)Hu J., Mahmoud M.I., el-Fakahany E.E., Polyamines inhibit nitric oxide synthase in rat cerebellum. Neurosci. Lett. 1994, 175, 41-5. Axuda no proceso in vitro de transcrición do ARN por estimulación da actividade da polinucleótido quinase do bacteriófago T4 e a ARN polimerase T7 Lillehaug J. R., Kleppe K. Effect of salts and polyamines on T4 polynucleotide kinase. . Únese e fai precipitar o ADN e utilízase na purificación de proteínas de unión ao ADN Wan C.Y., Wilkins T.A., Spermidine facilitates PCR amplification of target DNA. PCR Methods Appl. 1993, 3, 208-10. Regulación e promoción do crecemento das plantas, xa que as poliaminas reguladoras do crecemento das plantas funcionan tamén como hormonas vexetais que promoven a embrioxénese somática.Cull M., McHenry C.S., Preparation of extracts from prokaryotes. Methods Enzymol. 1990, 182, 147-53.Blethen S.L., Boeker E.A., Snell E.E., Arginine decarboxylase from Escherichia coli. I. Purification and specificity for substrates and coenzyme. J. Biol. Chem. 1968, 243, 1671-7.Wu W.H., Morris D.R., Biosynthetic arginine decarboxylase from Escherichia coli. Subunit interactions and the role of magnesium ion. J. Biol. Chem. 1973, 248, 1696-9.Tabor C.W., Tabor H., Polyamines. Annu. Rev. Biochem. 1984, 53, 749-90.Krug M.S., Berger S.L., First-strand cDNA synthesis primed with oligo(dT). Methods Enzymol. 1987, 152, 321-25.Karkas J.D., Margulies L., Chargaff E., A DNA polymerase from embryos of Drosophila melanogaster. Purification and properties. J. Biol. Chem. 1975, 250, 8657-63.Bouché J.P., The effects of spermidine on endonuclease inhibition by agarose contaminants. Anal. Biochem. 1981, 115, 42-5. Tamén se encontrou que a espermidina reduce o envellecemento dos lévedos, moscas, vermes, e células inmunitarias humanas ao inducir a autofaxia.name=Nature Cell Biology> A espermidina pode utilizarse en electroporación durante a transferencia de ADN ao interior da célula con impulsos eléctricos Maren Bell and Robert Mortimer, Human Genome Center, Division of Cell and Molecular Biology, Lawrence Berkeley Laboratory, Berkeley, California 94720 Electroporation Of Yeast Artificial Chromosomes . Estimulación da autofaxia. Recentemente Tirupathi Pichiah et.al., suxeriron que a espermina podía ser útil para tratar a diabetes tipo 2 .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Norespermidina Espermina Poliamina

Ligazóns externas Safety Data Sheet

Categoría:Compostos químicos Categoría:Aminas secundarias Categoría:Poliaminas