Luís Martín Sobrado Fernández, nado na Xesta (Lalín) o 30 de setembro de 1942, é un profesor e político galego.
Traxectoria Foi mestre e inspector de Educación. Doutor en Pedagoxía e titulado en Psicoloxía Pedagóxica pola Universidade Complutense de Madrid. É Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación da Facultade de Ciencias da Educación. Foi director do ICE e do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Foi Secretario Xeral do Partido Galeguista (1979-1981), pertenceu á comisión do Estatuto dos dezaseis e asinou o 29 de setembro de 1980 os pactos do Hostal da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. O congreso do Partido Galeguista de xuño de 1981 que elixiu presidente a Alfonso Álvarez Gándara rematou coa expulsión do sector máis á esquerda dirixido por Luís Sobrado. Justo G. Beramendi e Xosé M. Núñez Seixas (1996) O nacionalismo galego. A Nosa Terra, p. 265
En 2009 foi condenado por unha estafa á Universidade,"Condenado a 5 años un catedrático por estafar 6.309 euros a la universidad" (7/11/2009). La Voz de Galicia . pero foi indultado o 8 de outubro de 2010.Real Decreto 1278/2010, de 8 de octubre, por el que se indulta a don Luis Martín Sobrado Fernández BOE .
En 2017 recibiu a Medalla do Parlamento de Galicia como integrante do grupo de traballo encargado da elaboración do anteproxecto de Estatuto de autonomía de Galicia.
Obras Orientaciones curriculares para la integración en educación especial, 1985, Tórculo. Calidad de los programas de formación del profesorado de preescolar, 1986. Intervención psicopedagógica y orientación educativa, 1990. Servicios de orientación ós centros educativos, 1996, Edicións Laiovento. Evaluación psicopedagógica y orientación educativa, 2000 (con Camilo Ocampo Gómez). Orientación e inserción profesional, 1998. Orientación e intervención sociolaboral, 1999. Estratexias de orientación psicopedagóxica no ensino secundario, 1998. Orientación profesional. Diagnostico e inserción sociolaboral, 2000. Diagnóstico en educación. Teoría, modelos y procesos, 2002. Evaluación y Orientación de Competencias y Calificaciones Profesionales, 2004. A calidade educativa dos centros docentes. Valoración e desenvolvemento, 2006. Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos, 2007. Tecnologías de la información y comunicación. Uso en orientación profesional y en la formación, 2011.
Vida persoal
Casou con Fe Taboada Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha e galegos.info Entrevista en educaweb.com
Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia