A tempada 2007 do Super 14 (actual Super Rugby) foi a 12ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou con 14 equipos, que disputaron unha tempada regular con 13 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Bulls, o equipo surafricano que acadou así o seu 1º título, vencendo na final ós Sharks.
A primeira xornada disputouse nos días 2 e 3 de febreiro de 2007, mentres que a final tivo lugar en Durban o día 19 de maio de 2007. Tempada regular EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus PUNTOS 1 Sharks131003355214141545 2 Bulls13904388223165642 3 Crusaders138053822351471042 4 Blues13904355235120642 5 Brumbies1390423417361440 6 Chiefs13715373321521040 7 Force13616276292−16632 8 Hurricanes13607247300−53327 9 Highlanders13508235301−66727 10 Stormers13607249326−77327 11 Cheetahs13418265342−77422 12 Lions13508175284−109222 13 Waratahs13319266317−51721 14 Reds132011201438−237311 Eliminatorias polo título
Estatísticas O máximo anotador de puntos do torneo foi Stephen Donald, con 164 puntos. O máximo anotador de ensaios foi JP Pietersen con 12. Véxase tamén Outros artigos Super 14 2006 << Tempada 2007 >> Super 14 2008 Ligazóns externas Resultados históricos do Super 14
2007 Categoría:Rugby en 2007