Cannibal Corpse é unha banda estadounidense de death metal procedente de Buffalo, Nova York. Formada en 1988, o grupo leva editados once álbums de estudio, un box set e un álbum ao vivo. Ao longo dos anos a banda foi asentándose, a pesar de saír pouco na radio e na televisión, e conseguiu a súa base de seareiros sobre todo co lanzamentos dos álbums Butchered at Birth (1991) e Tomb of the Mutilated (1992), que chegaron a vender un millón de copias en todo o mundo, a metade delas nos Estados Unidos, facendo deles os discos de death metal máis vendidos nese país.
Os membros de Cannibal Corpse inspiráronse orixinalmente en bandas de thrash metal como Kreator e Slayer, así como noutros conxuntos de death metal como Morbid Angel, Autopsy e Death. As imaxes dos seus álbums (feitas case todas por Vincent Locke) e as súas letras, fortemente inspiradas en películas e historias de terror, son moi controvertidas. En varias ocasións algúns países prohibiron a actuación da banda, ou a venda dos seus álbums coa portada orixinal.
Discografía Eaten Back to Life (1990) Butchered at Birth (1991) Tomb of the Mutilated (1992) The Bleeding (1994) Vile (1996) Gallery of Suicide (1998) Bloodthirst (1999) Gore Obsessed (2002) The Wretched Spawn (2004) Kill (2006) Evisceration Plague (2009) Torture (2012) A Skeletal Domain (2014) Red Before Black (2017) Violence Unimagined (2021)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 1988 Categoría:Artistas de Metal Blade Records